Inicio Noticias Xerais HOMENAXE DO NUMANCIA AO CLUB DE REMO DE ARES
 
 

HOMENAXE DO NUMANCIA AO CLUB DE REMO DE ARES

MAÑÁ, DOMINGO 30 DE OUTUBRO, ÁS 16.30 H. EN PRADOS VELLOS, TODO ARES COS REMEIROS DA ACT.

Continúan os actos de recoñecemento á magnífica temporada realizada polos remeiros aresáns e o Numancia non podía quedar á marxe, así que esperamos que este domingo Prados Vellos lles ofreza a estes grandes deportistas un gran recibimento. 

Ares, 29 de outubro de 2016.

Veñen de ser nomeados pola Federación Galego de Remo coma o club revelación 2016, premio que recollerán na tarde de hoxe en Marín no acto da gala do remo galego. Tamén esta tarde, Ares Solidario e o Concello de Ares organizan a sexta edición  do Magosto Solidario dedicado ao club de remo, pois a recadación será para eles, con castañas, licores, postres e bolas de tixola.

E mañá, domingo 30 de outubro, nos prolegómenos do partido Numancia – Rosalía, ás 16.30 h. os remeiros aresáns da Santa Olalla de Lubre realizarán o saque de honor.

Como diciamos hai quince días,  “a extraordinaria campaña realizada polo Club de Remo de Ares, conseguindo o título de campión da Liga Galega de Traiñeiras e clasificándose coma segundos na fase de ascenso á Liga San Miguel - ACT, co conseguinte ascenso” ben merecen que mañá subamos a Prados Vellos para darlles un forte aplauso. 

Repetimos a invitación formulada anteriormente e dirixida a toda a cidadanía de Ares: demostrémoslles unha vez máis o noso apoio e admiración.


 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.