HOMENAXE AO CLUB DE REMO DE ARES

ESTE DOMINGO, ÁS 16.55 EN PRADOS VELLOS, TODO ARES COS REMEIROS DA ACT.

Con motivo da extraordinaria campaña realizada polo Club de Remo de Ares, conseguindo o título de campión da Liga Galega de Traiñeiras e clasificándose coma segundos na fase de ascenso á Liga San Miguel - ACT, co conseguinte ascenso, a ADR Numancia quere renderlle unha homenaxe este domingo, 16 de outubro, nos prolegómenos do partido que se disputa en Prados Vellos.

Ares, 15 de outubro de 2016.

A ADR Numancia, coma entidade deportiva aresá, quere felicitar e recoñecer publicamente os enormes éxitos colleitados pola Club de Remo de Ares, unha entidade humilde que foi quen de chegar a competir cos grandes clubs de remo e mesmo superalos. A súa fazaña quedará gravada para sempre e será lembrada como o que foi, unha auténtica heroicidade protagonizada polos remeiros de Ares co respaldo e apoio dos seus directivos.

O acto de homenaxe terá lugar ás 16.55 h. no campo de fútbol de Prados Vellos, minutos antes do comezo do partido entre o Numancia e o Narón. Os remeiros da traiñeira Santa Olaia de Ares saltarán ao campo e realizarán o saque de honor.

Desde a ADR Numancia invitamos a toda a cidadanía de Ares para que suban a Prados Vellos e se sumen a esta máis que merecida homenaxe. 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.