Inicio Noticias Xerais F-8. VIII MEMORIAL PEDRO GARCÍA. XORNADA FINAL
 
 

F-8. VIII MEMORIAL PEDRO GARCÍA. XORNADA FINAL

EQUIPOS CAMPIÓNS: VICTORIA, G. MUGARDOS E AS PONTES.

E campións tamén todos os participantes nesta 8ª edición do Memorial “Pedro García Vilar”.
 
 

 

Ares, 12 de setembro de 2016.

Esta oitava edición do Memorial “Pedro García Vilar” converteuse nunha continuidade da liña establecida na edición anterior no que se refire á participación preferente de equipos da comarca ferrolá, aos que se sumaron dúas entidades provinciais, o Rayo Sadense e o Victoria coruñés. Un total de catorce clubs tiveron representación nas categorías de F-8: Ánimas, As Pontes, Galicia de Caranza, D. Narón, Maniños, Galicia de Mugardos, Neda, Perlío, Portuarios, Rayo Sadense, R. San Pedro, O Val e Victoria, ademais do Numancia, fixeron posible coa súa participación este torneo de F-8.

Ao longo das dúas xornadas tivemos ocasión de contemplar de todo, desde a iniciación dos prebenxamíns neste deporte, ata partidos moi ben xogados e disputados, xa na categoría de benxamíns e, por suposto, na de alevíns. 

Por dar conta dos resultados finais, podemos salientar a final disputada na categoría benxamín entre o Galicia de Mugardos e o Numancia, na que houbo que recorrer ao lanzamento de penaltis para coñecer o campión, mentres que nas outras 2 finais os resultados foron máis claros: 

- Prebenxamíns: 

Final: As Pontes, 3 - Galicia de Mugardos, 0. 

3º - 4º posto: Ánimas, 5 – G. Caranza, 2

 ADR Numancia de Ares. Torneo F-8. VIII MEMORIAL PEDRO GARCÍA. Campeón Prebenjamines As Pontes.

- Benxamíns: 

Final: Numancia, 1 – Galicia de Mugardos, 1 (campión o Mugardos p.p.)

3º - 4º posto: San Pedro, 3 – Neda, 0

ADR Numancia de Ares. Torneo F-8. VIII MEMORIAL PEDRO GARCÍA. Campeón Benjamines Galicia de Mugardos

- Alevíns: 

Final: Victoria, 6 – Numancia, 1.

3º - 4º posto: Ánimas, 3 – G. Mugardos, 3 (Ánimas, 3º, p.p.)

ADR Numancia de Ares. Torneo F-8. VIII MEMORIAL PEDRO GARCÍA. Campeón Alevines Victoria

Enlace a todos os resultados do torneo

Enlace á galería fotográfica do torneo

E fóra do ámbito futbolístico, destacariamos o ambiente de “romaría” que se viviu en Prados Vellos coa presenza de pais, nais, avós e demais familia acompañando aos verdadeiros protagonistas da festa do fútbol.

Así mesmo, a ADR Numancia, coma entidade organizadora deste Memorial “Pedro García Vilar”, manifesta o seu agradecemento a todos os clubs que se desprazaron ata Ares, desde directivos ata as familias, e tamén ao persoal que colaborou no desenvolvemento do torneo. Por suposto, temos que salientar tamén a axuda da agrupación de Protección Civil de Ares, regulando o acceso dos automóbiles a Prados Vellos. Todos eles foron fundamentais para a realización do Memorial.

Na entrega das medallas e trofeos participou o concelleiro aresán de deportes, Eugenio Fernández, xunto a directivos da entidade local.

E para rematar, un último agradecemento aos establecementos que se prestaron xenerosamente doando os seus produtos, caso de Supermercados Gadis e Claudio, ou outros como Base Deporte e Ferretería Sar. 

ADR Numancia de Ares. Torneo F-8. VIII MEMORIAL PEDRO GARCÍA.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.