Inicio Noticias Xerais F-8 E INFANTÍS: PRESENTACIÓNS 2016
 
 

F-8 E INFANTÍS: PRESENTACIÓNS 2016

INICIO DA TEMPORADA PARA O F-8 E OS INFANTÍS DO NUMANCIA

Rematan as vacacións e ábrese Prados Vellos para os máis pequenos. Entre hoxe, luns 29 e mañá, 30 de agosto, os prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís comezan os adestramentos.

 

Ares, 29 de agosto de 2016.

O calendario de presentacións das distintas categorías é o seguinte:

INFANTÍS (nados no 2003 e 2004): luns,29 de agosto, ás 18.00 h.. Durante a temporada os horarios de adestramento serán os martes e xoves, de 18.30 a 20.00 h.

ALEVÍNS (nados no 2005 e 2006): luns, 29 de agosto, ás 18.00 h.. Durante a temporada os horarios de adestramento serán os martes e xoves, de 18.30 a 20.00 h.

BENXAMÍNS (nados no 2007 e 2008): luns, 29 de agosto, ás 17.00 h. Durante a temporada os horarios de adestramento serán os luns e mércores, de 17.00 a 18.30 h.

PREBENXAMÍNS (nados no 2009 e 2010): martes, 30 de agosto, ás 17.00 h. Durante a temporada os horarios de adestramento serán os martes e xoves, de 17.00 a 18.30 h.

Todos os nenos deben presentarse en Prados Vellos co material deportivo necesario para realizar a primeira sesión de adestramento.

Proximamente iremos informando das reunións que se organizarán coas familias onde se transmitirán as novidades, normas e comunicados referentes á temporada 2016-17.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.