OBRAS EN PRADOS VELLOS

SDR NUMANCIA. obras en Prados Vellos. Ares. 2009BANCADA EN PRADOS VELLOS

O luns 7 de setembro comezaron no campo de fútbol de Prados Vellos as esperadas obras de colocación dunha bancada detrás da portería. Esta actuación hai que situala na liña de mellora continua das nosas instalacións, iniciada coa colocación do céspede artificial e a instalación das torretas de iluminación.

Debemos destacar a implicación do concello de Ares nesta remodelación de Prados Vellos, de maneira que  os xogadores do Numancia van ser os directamente beneficiados e poderán desenvolver as súas actividades contando cunhas instalacións dignas. Queremos citar tamén que se realizaron obras de adecuación nos vestiarios dos equipos e que agardamos a que se resolvan definitivamente os problemas de conexión da enerxía eléctrica, último obstáculo para poder dispoñer da iluminación necesaria para afrontar esta temporada.

S.D.R. Numancia de Ares. Prados Vellos. Inicio Obras Grada S.D.R. Numancia de Ares. Prados Vellos. Inicio Obras Grada 20090907_ObrasGrada_03.jpg

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.