DÍA DE LOITO NO CONCELLO DE FERROL
A Concellería de Deportes de Ferrol informa da suspensión de todas as actividades previstas para o día de hoxe en Ferrol.
Ares, 25 de agosto de 2016.
Este é o contido da nota informativo recibida na Delegación de Fútbol de Ferrol:
“Onte enviámoslles dende a Concellería de Deportes unha carta coa finalidade de convidalos ao Trofeo Concepción Arenal de fútbol feminino, que ía ter lugar hoxe no Campo de fútbol da Malata.
Debido ao triste falecemento dun rapaz onte na praia de Esmelle que se atopaba practicando surf, a xunta de portavoces do Concello de Ferrol por unanimidade de todos os grupos políticos acordou declarar hoxe día de loito oficial, decisión que foi ratificada polo Pleno da Corporación por unaniimidade, polo que se suspenden todas as actividades previstas para o día de hoxe, incluído o Trofeo Concepción Arenal.
Comunicarémoslles a nova data en canto sexa posible".