Inicio Noticias Xerais CAMPUS CELTA EN ARES 2016. 4º DÍA.
 
 

CAMPUS CELTA EN ARES 2016. 4º DÍA.

CHEGA A CALOR  A PRADOS VELLOS.

Achegámonos pouco a pouca ata a fin deste Campus; o cuarto día foi solleiro desde o inicio da xornada. Repetiuse hoxe...

Ares, 14 de xullo de 2016.

...a baixa de Álex, polo tanto, continúan como monitores: Lourido, Santi e Charlie. Hoxe, probablemente debido ao Sol e á temperatura, vemos ós rapaces moi contentos e dispostos a adestrar, quizais un pouquiño máis ca os outros días. Hoxe tamén contamos con Marcelo, pero Martín hoxe non puido vir. Na primeira parte da xornada, os monitores adestraron o físico, logo do bocata, comezáronse a facer partidiñas para rematar coa rutineira competición.

 

ADR Numancia de Ares. Campus del Celta 2016.

Hoxe imos dar uns datos a nivel autonómico sobre estes Campus e Clinics que organiza a entidade celtiña:
1. O Campus estase a desenvolver en 18 escearios diferentes por toda a xeografía galega, de Ares ou Mos, a Vigo e Ribadeo.
2. Estreáronse este ano 2 novas sedes, Manzaneda e Baiona.
3. Estreouse tamén un Campus Bilingüe, só na sede do campus universitario de Ourense, chamado "English Football Camp" e tivo lugar do 4 ó 8 de Xullo.
 
 ADR Numancia de Ares. Campus del Celta 2016.
 
E para a xornada final de mañá, está prevista a asistencia do director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e agárdase que veña acompañado por algún futbolista celeste.
 
ADR Numancia de Ares. Campus del Celta 2016.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.