Inicio Noticias Xerais CAMPUS CELTA EN ARES 2016. 3º DÍA
 
 

CAMPUS CELTA EN ARES 2016. 3º DÍA

ANÉCDOTAS E CURIOSIDADES

Continúa o campus do Celta de Vigo en Prados Vellos. Comezou o día con néboa, pero axiña saería o Sol. Santi volveu a exercer de monitor tras a súa baixa de onte ...

Ares, 13 de xullo de 2016.

...O que si que causou baixa no día de hoxe foi Álex, que foi sustituído por Charlie, coma no caso de Santi. Os nosos dous xuvenís seguiron ó pé do canón axudando no que fose preciso aos monitores.   Hoxe,como novidade nesta crónica, imos amosar algunha que outra curiosidade sobre monitores e xogadores que participan no campus:

Hai una xogadora participando no campus, chamada Sara.  

Temos un xogador de Madrid, neto dun concelleiro aresán.

Un dos monitores, Lourido, foi xogador no Numancia hai algúns anos.

Tamén contamos con varios xogadores do Galicia de Mugardos, como Xoán ou David.

E tamén participa neste Campus, Marco, un neno que vive na Coruña, xogador dos prebenxamíns do Oza Xuvenil, aínda que vén todas as fins de semana a Ares, onde ten familia.


Ímonos centrar nalgúns dos exercicios que fixeron os nenos: 

  • Charlie e os seus nenos fixeron partidos con mini-porterías. 
  • Lourido e os rapaces fixeron posesión e partido a F-8 
  • Santi traballou velocidade e tiro cos nenos.

 

Por último, entrevistamos a Marcelo e máis a Martín, os nosos monitores en prácticas:

Pregunta: Por que accedestes a ser axudantes neste campus?

Marcelo C.:  É unha nova experiencia, gústame adestrar aos nenos pequenos, apréndense cousas novas.

Martín P.: Para poder aprender métodos de traballo para o futuro, ademais dunha toma de contacto antes de comezar a adestrar.

P: Que é o que máis vos gusta de participar desta maneira no Campus?

MC: En xeral, gústame ver como os nenos fan grupo, xente experimentada que nos axuda...

MP: Ver como os nenos aprenden e se divirten xogando ao fútbol xuntos.

P: Cal é o monitor que máis vos fai traballar?

MC: Estiven con Alex e con Santi, con Santi tiven que traballar 2 días.

MP: Tiven a sorte de estar cos tres, pero penso que Lourido é o que máis me fixo traballar.

P: Divertidesvos cos nenos? Son agradecidos?

MC: Sí, eu divírtome moito traballando cos nenos pequenos, e se se portan ben, todo é máis fácil e divertido.

MP: Eu pásoo xenial con eles, poder velos desfrutar do fútbol é impagable.

ADR Numancia de Ares. Sara, Participante en el campus del Celta 2016.

 

ADR Numancia de Ares. Marco, Participante en el campus del Celta 2016.

 

 

ADR Numancia de Ares. Participantes en el campus del Celta 2016.

 


 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.