XUNTA DIRECTIVA.

SDR NUMANCIA. XUNTA DIRECTIVA. 2009INCORPORACIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA

 

As sociedades coma a nosa necesitan de persoas que estean dispostas a dedicarlle parte do seu tempo libre, colaborando nas múltiples facetas que se presentan. Pois ben, o Numancia ten a sorte de estar encontrando amigos que se prestan voluntariosamente para desenvolver diversas axudas, todas elas moi importantes para chegar a crear unha entidade potente en canto a constituír unha familia numerosa, organizada e funcional.

 

 

Na última reunión da xunta directiva, celebrada o venres 4 de setembro, acordouse solicitar o ingreso na mesma de compañeiros que xa veñen traballando para o Numancia desde hai meses. Agora queremos incorporalos “oficialmente”. Estamos a referirnos ao principal artífice do mantemento da nosa web www.numanciadeares.es, a José Antonio Couce Iglesias; e tamén ao “culpable” da realización de tantas fotografías que ilustran as noticias da web, a Ramón Rodríguez Vigo. Os dous acaban de ser nomeados vogais do Numancia. Grazas, amigos, pola vosa desinteresada e altruísta colaboración.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.