CAMPUS CELTA EN ARES, 2016. DÍA 2

CONTINÚA O FÚTBOL CELESTE EN PRADOS VELLOS

No segundo día de Campus, a meteoroloxía favoreceu o normal desenvolvemento das actividades neste Campus. Hoxe contamos cun novo monitor, ...

 

 

 

ADR Numancia de Ares. Martín y Marcelo ayudando en el Campus del Celta 2016

... Carlos Carro, alcumado "Charlie" que cubriu a baixa de Santi nesta xornada. Charlie, Álex e Lourido, ademais de Martín e Marcelo, do noso equipo xuvenil, levaron á perfección os adestramentos marcados; notouse ademais un gran ambiente, sorrisos nos nenos pequenos e maiores, e sobre todo, moito fútbol.

O grupo de Álex, axudado por Marcelo, practicou os pases e o movemento de balón con diversas posesións.

 

O Campus desenvolveuse con normalidade, e houbo diferentes grupos de adestramento:


O grupo de Lourido, practicou entre outras cousas, tiros a portería.


O grupo de Charlie , axudado por Martín, estivo facendo pequenos partidos con mini-porterías.  
   

Falamos tras o Campus cun dos nosos gardametas da categoría infantil, Nacho. 


P:  Estache a gustar o Campus ata agora?

R:  Sí, estame a gustar moito.

P: Cal foi o teu exercicio favorito de hoxe?

R: O meu exercicio favorito foi un que constaba dun cadrado, entón, había dous porterías que eu tiña que defender.

P: Cal é o teu monitor favorito?

R: Realmente gústanme todos, creo que son moi bos monitores.

P: Que é o que máis che gusta do campus?

R: Axúdame a gañar resistencia, e divírtome facendo deporte.

 

 

ADR Numancia de Ares. Nacho, guardameta infantil participante en el Campus del Celta 2016.


   

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.