Inicio Noticias Xerais CAMPUS CELTA EN ARES 2016. DÍA 1
 
 

CAMPUS CELTA EN ARES 2016. DÍA 1

ESPÍRITO CELESTE EN PRADOS VELLOS

José María Loureiro, xogador cadete do Numancia, inicia a súa andaina xornalística nesta web coa publicación dunha serie de crónicas que recollerán o día a día deste Campus.

Ares, 11 de xullo de 2016.

Comezamos nunha mañá de luns con néboa e algúns chuvascos no campo de Prados Vellos, onde uns 50 nenos comezaban a adestrar cos tres monitores, encargados de facer que todo funcione neste Campus do Celta. En canto aos representantes do Numancia, temos a Nacho e Chechu, porteiro e dianteiro de infantís, respectivamente; e Aarón, do equipo alevín. Estes rapaces forman parte dos case mil inscritos neste campus en máis de 30 sedes repartidas por toda a xeografía galega.

Neste primeiro día, os nenos foron organizados en diferentes grupos por idades, os cales van rotando por diferentes postas, cada unha dirixida por un diferente monitor, das cales temos 3 zonas de especialización:
* A zona técnico – táctica.
* A zona técnica.
* A zona de coordinación.
Cara ás 12 da mañá, todos os nenos reúnense no vestiario para recuperar forzas cun bocadillo e bebida isotónica. Tras o traballo nas diferentes áreas de adestramento, os monitores, Lourido, Alex e Santi, organizan una competición entre os rapaces.
 
Agora, imos falar con algún dos nenos e monitores que forman este Campus:
Aarón García (Ares, 2005)
P: Cales son as túas sensacións ao rematar o primeiro día de adestramentos no Campus?
R: Paseino moi ben, foi divertido.
P: Son esixentes os monitores?
R: Non, son bos, pero nese punto, mandáronnos correr.
P: Cal é o teu monitor favorito no que vai de Campus?
R: Santi é o meu favorito.
P: Que é o que máis che está a gustar do Campus?
R: Facer novos amigos, e xogar ó fútbol, que é o que me gusta.

Alex [Monitor]
P: Como viches o primeiro día de Campus?
R: Inicio complicado polas adversidades meteorolóxicas, pero a partir da primeira media hora, houbo un comportamento exemplar dos rapaces e moita diversión.
P: Hai algún grupo de nenos ao que lle teñas máis cariño?
R: O grupo dos pequenos, principalmente pola súa simpatía e o seu cariño.
P: Hai algún xogador ou xogadores en especial que penses que destacan bastante?
R: Non coñezo de antes a ningún deles, pero aínda que hai algún que ten boas facultades, case todas van á par.
P: Que é o que máis che gusta de ser monitor neste Campus?
R: O máis bonito é a resposta dos nenos, que sempre amosan un sorriso, ademais dese "Espírito Celeste" aínda estando a máis de 100km de Vigo.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.