FÚTBOL PRAIA. RESULTADOS EN SABÓN.
FERROL CLASIFICADO PARA A FINAL GALEGA.
O pasado sábado, os xuvenís ferroláns gañaron os dous partidos e xogarán a final deste I Campionato galego. José Miguel Torrente, José Pérez, …
Ares, 28 de xuño de 2016.
… Edgar Fernández, Iván San Emeterio , Guillermo Ceoanes , Mario García , Alejandro Pico e Aarón Rodeiro, xogadores do Cidade de Narón, Perlío e Galicia de Caranza, representaron á delegación ferrolá con pleno éxito, na fase previa disputada en Sabón (Arteixo).
Este vindeiro sábado, 2 de xullo, acudirán coma primeiros clasificados da zona Norte á fase final, que se celebrará na praia de Samil (Vigo).
Só queda desexarlles sorte, tanto no plano colectivo coma no individual, agardando que na selección galega xuvenil que disputará o campionato de España en Sanxenxo, estean varios destes rapaces.
|
|
|
|