Inicio Noticias Xerais V GALA DO FÚTBOL FERROLÁN. FOTOS
 
 

V GALA DO FÚTBOL FERROLÁN. FOTOS

OS XUVENÍS DO NUMANCIA,  PROTAGONISTAS NA GALA.

Xa podemos ver as fotos de todos os premiados nesta última edición da Gala, celebrada o pasado 10 de xuño no Pazo da Cultura de Narón.

 

 

Ares, 24 de xuño de 2016.

Nun auditorio cheo ata a bandeira, presentou o acto o xornalista Xan Morales, un dos promotores deste magnífico evento, para dar paso ao delegado Manolo Mesa, outro dos artífices. E despois dos respectivos agradecementos a todas as entidades colaboradores, incluídos os concellos da comarca, foron subindo ao escenario para recoller o premio da temporada aqueles equipos campións nas súas categorías. Os alcaldes e concelleiros foron os encargados da entrega dos trofeos.

Tamén se puido desfrutar coas actuacións de distintas agrupacións de baile, entre elas a do grupo Danzares.

E foi o noso alcalde Julio Iglesias quen entregou o trofeo de campións da categoría xuvenil ao capitán do Numancia, Iván Fernández, que estaba acompañado pola maioría do plantel, xunto aos seus técnicos Miguel Carballeira e José M. Antón.

Posteriormente, o concelleiro de deportes aresán, Eugenio Fernández, fixo entrega do trofeo ao máximo goleador xuvenil, o numantino Ángel Fernández.

Na seguinte fase, o Numancia non tivo sorte e os seus candidatos nominados a mellor adestrador xuvenil e mellor xogador xuvenil, non tiveron o recoñecemento desexado. Non obstante, xa foi importante o feito de que subiran ao escenario como nominados. 

Sen dúbida, esta Gala foi un gran broche á magnífica temporada do Numancia xuvenil.

Continuaron os recoñecementos a representantes doutros estamentos coma o dos árbitros, e tamén houbo premios extraordinarios, entre os que cabe salientar o premio ao subcampionato galego da selección alevín feminina, que contou coa nosa xogadora Martina Oliveira.

Finalmente, pechou o acto o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

Acceso ó álbum da V Gala do Fútbol de Ferrolterra pulsando neste enlace.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.