PREVIA: FIN DE SEMANA DO 10 AO 12 DE XUÑO

GALA E FIN DE TEMPORADA?

Só un milagre podería evitar que mañá, ante o Santiago Compostela B, os xuvenís poñan punto final a unha extraordinaria temporada.
 
 

 

Ares, 10 de xuño de 2016.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2015-2016. Fase Ascenso a Liga Galega IDA. Santa Isabel. Santiago B- Numancia.Esta tarde celébrase no auditorio de Narón a V Gala do Fútbol de Ferrolterra á que asistirán os xogadores e adestradores do equipo xuvenil do Numancia coma campión de Liga. Ademais, Ángel Fernández recollerá o trofeo de máximo goleador e está nominado xunto con Carlos Vázquez para o trofeo de mellor xogador xuvenil, ao igual que Miguel Carballeira está nominado ao trofeo de mellor adestrador xuvenil. Tamén estará a nosa xogadora Martina Oliveira xunto ás súas compañeiras da selección alevín feminina, coma subcampioas galegas.

Fóra do evento “festivo” que serve para recoñecer os méritos colectivos e individuais da temporada do fútbol ferrolá, o fútbol volverá o sábado pola tarde a Prados Vellos onde teremos ocasión de ver a un poderoso Santiago Compostela B que conta cuns xogadores de gran proxección futbolística. Enfronte, o noso Numancia intentará presentar batalla con toda a dignidade, coñecedores da “imposible” remontada. Será unha boa oportunidade para subir a Prados Vellos e premiar a excelente temporada destes rapaces, moitos dos cales rematan unha etapa xuvenil, iso si, conquistando un título que saberemos valorar como se merece. Á súa vez, os xogadores poderán ofrecer aos seus siareiros o trofeo que recollerán esta tarde. Por tanto, preséntase unha bonita xornada para clausurar esta longa temporada futbolística.

En canto ao F-8, repartimos os nosos equipos de base en dous torneos xa tradicionais: Neda e Pontedeume. Coma en todos estes torneos, o único obxectivo é ter unha xornada máis de convivencia, en compartir horas cos amigos arredor dunha escusa: o fútbol.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.