Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 4 AO 5 DE XUÑO DE 2016
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 4 AO 5 DE XUÑO DE 2016

SANTA CATALINA E SANT-IAGO. SÁBADO DE SANTOS

O fútbol 8 ten a súa festa de clausura en St.ª Catalina e os xuvenís desprázanse a Santiago
 
 
 
Ares, 3 de xuño de 2016
 

Comeza esta xornada de xuño un sábado con reminiscencias relixiosas, encomendándose o Numancia a dous santos.

Pola mañá o mosteiro de Santa Catalina acollerá aos nenos e familias pertencentes ás categorías de F-8, desde biberóns a alevíns. Excepcionalmente este ano tamén se suman á festa os nosos infantís. Esperemos que o tempo acompañe e poidan desfrutar das magníficas instalacións así como do churrasco e demais viandas. Despois do xantar sortearanse entre os xogadores do Numancia asistentes 2 inscricións gratuitas para o Campus organizado polo Celta no mes de xullo. Tamén haberá algún regalo máis.

Xa pola tarde, o equipo xuvenil viaxa a Santiago de Compostela onde vai ter un óso duro de roer, pois os composteláns contarán con xogadores que durante a temporada participaron co primeiro equipo na Liga Nacional xuvenil. Aínda así, esperamos que traian un bo resultado para o partido de volta en Ares.

Finalmente, o domingo concluirá esta xornada coa participación dos prebenxamíns e benxamíns en dous torneos, Sada e Pontedeume, nos que terán a oportunidade de levar a cabo outra xornada de convivencia ao lado de equipos pertencentes a outras delegacións provinciais. 

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.