Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 21 AO 22 DE MAIO DE 2016
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 21 AO 22 DE MAIO DE 2016

IDA DA FASE DE ASCENSO: NUMANCIA – BETANZOS

Importantísimo partido para os xuvenís que teñen que sacar un bo resultado para ir a Betanzos con posibilidades de superar a eliminatoria. En infantís e cadetes, primeira eliminatoria das copas AFACO.
 
Ares, 20 de maio de 2016.
 
Esta fin de semana comeza o sábado pois o venres 20 a Federación Galega aconsellou que non se disputase ningún partido oficial para favorecer a asistencia de xogadores e afeccionados ao partido que se xoga en Riazor entre as seleccións de Galicia e Venezuela.
 
Repasemos os compromisos dos nosos equipos:
 
MODESTOS: Eliminados da Copa de Ferrol ante un Eume superior, remataron a competición.
 
XUVENÍS: Partido histórico o que disputarán mañá pola tarde en Prados Vellos ante o campión das Mariñas-Coruña, un Betanzos que nos leva visitando no torneo Vinoteca Porta do Sol desde hai uns tres anos. A priori, agárdase un partido igualado e pensamos que non se resolverá este choque de campións ata o partido de volta en Betanzos. Esperemos que os nosos xogadores teñan o chisco de fortuna necesario nestas eliminatorias e, contando co apoio da familia numantina, obteñan un resultado satisfactorio.
 
Nos prolegómenos do partido, os compoñentes do Numancia xuvenil campión do 1966 recibirán unha homenaxe máis que merecida.
 
CADETES: O sábado pola mañá teremos a oportunidade de presenciar un triangular entre o Eume, Miño e Numancia, tres equipos con potencial igualado dos que sairá un semifinalista para a Copa AFACO. O Numancia non poderá contar co seu xogador Pablo Cavezza, lesionado no partido co Narón e que, felizmente, se está recuperando ben.
 
INFANTÍS: En dobre xornada, de mañá e tarde, o campo do Pote de Maniños acolle a eliminatoria da Copa AFACO máis numerosa, coa participación de 5 equipos que, en tempos de 25 m., se xogaran tamén unha praza para as semifinais. O Numancia seguirá contando coa participación dos alevíns que levan completando as convocatorias durante toda a temporada.
 
ALEVÍNS: Xa disputaron o xoves pasado a xornada correspondente, conseguindo unha clara vitoria ante o Neda. A salientar o debut de Maodo.
 
BENXAMÍNS: Finalizadas as competicións oficiais, descansan esta semana e recuperan forzas despois da participación no torneo do Deportivo, celebrado este martes en Abegondo, onde se enfrontaron a potentes equipos.
 
PREBENXAMÍNS: Viaxan a Miño, un equipo ao que venceron na primeira volta. Outra xornada de aprendizaxe e de participación.
 
BIBERÓNS: Sen partido esta fin de semana, á espera da xornada de clausura do vindeiro venres, 27 de maio en Cabanas.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.