Inicio Noticias Xerais CHARLA COLOQUIO DE STILI
 
 

CHARLA COLOQUIO DE STILI

INSTAT SCOUT, programa informático para o fútbol.

Este mércores, 18 de maio, ás 20.00 h. na delegación, o adestrador do Somozas amosará o funcionamento do programa analítico  "InStat Scout".

Ares, 16 de maio de 2016

De sumo interese para os adestradores e monitores de fútbol esta charla-coloquio presidida polo adestrador cedeirés do Somozas, Antonio López Stili, na que presentará este programa informático que permite

coñecer en profundidade o rendemento de equipos e xogadores. Con este programa pódense observar vídeos de partidos ou fragmentos deles, clasificándoos por xogador; análises de estatísticas: goles, pases, asistencias, ...; análise da actividade física dun xogador por partido; ...

O obxectivo desta plataforma é axudar na planificación das sesións de adestramento dos futbolistas.

En definitiva, unha interesantísima charla organizada desde a nosa delegación ferrolá que non deberan perder os adestradores. Parabéns á Delegación ferrolá pola súa preocupación e esforzo na mellora da formación futbolística.

 
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.