Inicio Noticias Xerais LETRAS GALEGAS 2016
 
 

LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, o poeta da Terra Chá: "RENUNCIAR AO IDIOMA É SER MUDO E MORRER"

O mundo do deporte non permanecer alleo á sociedade da que forma parte e ten que estar presente no Día das Letras Galegas. Meréceo sobradamente o persoeiro homenaxeado este ano en Galicia, así que ...

Ares, 16 de maio de 2016.

... animémonos a ler a súa obra. Aquí, desde esta web do Numancia eleximos un poema do poeta de Outeiro de Rei, pertencente ao libro "As rúas do vento ceibe" no que amosa o seu compromiso coa lingua galega, coa súa cultura, co seu país:

A fala

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo:

o salouco máis feble,

o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,

o coitelo da dor,

o murmurio do vento,

a palabra de amor.

O idioma é o tempo,

é a voz dos avós,

e ese breve ronsel

que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,

patrimonio do pobo,

maxicamente vello,

eternamente novo.

O idioma é a patria, 

a esencia máis nosa,

a creación común

meirande e poderosa.

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

¡Se perdemos a fala

non seremos ninguén!

O idioma é o amor,

o latexo, a verdade,

a fonte da que agroma

a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma

é ser mudo e morrer.

¡Precisamos a lingua

se queremos vencer!

 

Fútbol e literatura son compatibles e velaí podemos ver ao chairego Manuel María no medio deste equipo de Monforte, vila onde viviu e traballou desde a década dos 60.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.