IV CAMPUS "DIEGO RIVAS"

CAMPUS DE PORTEIROS FÚTBOL A FINAIS DE XUÑO

Os días 29, 30 de xuño, e o 1 de xullo, unha vez rematado o curso escolar, desenvolverase en Ares (A Coruña), o “IV Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”. Dito campus terá lugar o mércores 29, e o xoves 30 de xuño, de 10 a 13,30 h., así como o venres 1 de xullo de 10 a 19h. no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.
 
Ares, 11 de maio de 2016.
 
IV Campus "Diego Rivas". Ares 2016Reproducimos o comunicado enviado polo técnico deportivo aresán Javier Sánchez.
 
"O Campus estará dirixido polo porteiro Diego Rivas, na actualidade gardamallas profesional do Auckland City F.C. e cunha traxectoria en equipos profesionais españois como o Lugo, Deportivo, Elxe, Albacete, Tenerife ou Eibar entre outros. É ademais Diplomado en Maxisterio ca especialidade de E. Física, e será quen coordine un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.
 
Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos a súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).
 
Dado o interese pola calidade como elemento diferenciador no desenvolvemento do Campus, haberá tan só 42 prazas, que cubriranse por rigurosa orde de inscripción. O prazo para inscribirense estará aberto do 10 de maio ao 16 de xuño, sempre e cando haxa prazas libres, puidendo facer a inscripción durante ese período pola seguintes canles:
 
a.- Descargando o formulario a través da web do evento en www.campus.diegorivas.es. (Unha vez cubertos os datos do alumn@ e preciso adxuntar o xustificante de pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo )
b.- Recollendo a folla de inscripción no pavillón deportivo municipal do Concello de Ares e entregándoa alí mesmo, puidendo facer o pago en ventanilla.
 
O prezo de inscripción é de 75 € (60 € para os empadroad@s en Ares ou xogadores das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR ou do Galicia de Mugardos, así como para 2 ou máis incripcións por unidade familiar), e inclúe:
 
- Equipación de porteiro consistente en guantes Pantera Impulse CHR Iconic de Soloporteros, sudadera Hi-5 de Soloporteros e pantalón pirata protec de Joma. Todo valorado en 102,85€ e serigrafiado co logo do Campus.
- Tentempé diario a media mañá, consistente nun minibocata, auga, e lácteo ou zumo de fruta e bebida isotónica.
- Xantar do venres 1 de xullo e xogos acuáticos na praia de Ares.
- Diploma acreditativo.
- Sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores.
 
O campus estructurarase da forma que segue:
 
MÉRCORES 29: 
10,00h. Presentación e reparto de equipacións.
10,30h. Comezo dos adestramentos nos diferentes grupos de idades.
12,00h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
12,20h.Reanudación dos adestramentos.
13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.
13,30h. Remate. Ducha.
 
XOVES 30: 
10,00h. Distribución nos grupos e comezo dos adestramentos.
12,00h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
12,20h.Reanudación dos adestramentos.
13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.
13,30h. Remate. Ducha.
 
VENRES 1: 
10,00h. Distribución nos grupos e comezo dos adestramentos.
12,00h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
12,20h.Reanudación dos adestramentos.
13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.
13,30h. Remate da xornada matinal. Ducha.
14,30h. Xantar de alumn@s e profesores.
16,00h. Xogos na Praia.
18,00h. Batalla de porteiros.
19,00h. Clausura do Campus polo Alcalde do Concello de Ares, ca entrega de Diplomas e sorteo de agasallos entre os alumn@s.
 
Esta IV edición do Campus Diego Rivas-Concello de Ares, contará coa colaboración de diferentes entidades e empresas, que fan posible o nacemento desta iniciativa deportiva que tratará de aportar o seu gran de area ao proceso de formación dos xoves futbolistas que gustan de ser porteiros, abordando dun xeito multilateral, a especificidade e especialización que a figura de gardamallas ten no contexto do fútbol actual, sempre dende unha vertente educativa.
 
MÁIS INFORMACIÓN EN www.campus.diegorivas.es. E tamén no teléfono 981468562 (de luns a venres de 9 a 13 e de 16,30 a 22h; sábados de 10 a 13 horas)
 

FICHA DE INSCRICIÓN: 
 
Datos persoais do participante:
Nome e apelidos:_____________________________________
Data de nacemento:___________ Nº seguridade Social:__________________
Talla camiseta/pantalón:_____  Talla guantes:_____
 
Datos persoais dos pais/nais /titores:
Nome e apelidos:______________________________________________
Enderezo:____________________________________________
C.P:___________Localidade:______________Provincia:________________
Telefono de contacto:_______________Email:________________________
 
Autorizo a meu fillo/a para que asista ao campus de porteiros Diego Rivas. Faise extensiva esta autorización ás decisión médico-quirúrgicas que fosen necesario adoptar en caso de extrema urxencia, baixo dirección médica e renuncio a esixir responsabilidade alguna pola lesión que se puidera orixinar nas prácticas que se realicen no campus, que asumo na súa totalidade. Asimesmo declaro que non padece ningunha enfermidade, nin está a  recibir tratamento que lle impida participar neste campus. Indicar si existe alguna alerxia alimentaria ou a medicamentos:_____________________________________________
 
Asinado (Pai, nai ou tutor/a):  
 
Infórmase que os datos incluídos neste formulario, conforme ao previsto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal, formarán parte dun ficheiro automatizado responsabilidade do Concello de Ares con CIF: P1500400E. A finalidade do tratamento é a isncripción no campus. Poderá dirixir as súas comunicación e exercitar os dereitos de acceso, cancelación e oposición por correo postal a: Concello de Ares, Rúa Saavedra Meneses, nº12, 15624 Ares.
 
AUTORIZACIÓNS: - PARA A PUBLICACIÓN DE IMAXES DE NENOS E NENAS:
☐ Autorizo     ☐ Non Autorizo  
 
Datos da matriculación (indicar sempre o nome e apelidos do nen@ participante):
□ Abono a cantidade de 75 € en concepto de participación no Campus (60 € empadroad@s en Ares ou xogadores dos equipos do Numancia ADR ou do Galicia de Mugardos SDC, ou no caso de 2 ou máis inscritos por unidade familiar).
 
Forma de pago:
□Pago en ventanilla. 
□Transferencia bancaria:  No conta de Abanca ES10 2080 0226 6130 0004 5931.
 

Comunicado do Concello de Ares en formato PDF

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.