Inicio Noticias Xerais GALICIA - VENEZUELA
 
 

GALICIA - VENEZUELA

RESERVA A TÚA ENTRADA NO NUMANCIA

Por 10 ou 15 € incluída a praza no autobús, podes acudir a Riazor o vindeiro venres, 20 de maio ás 20.30 h. e animar á selección galega. Os socios e xogadores do Numancia poderán reservar as súas entradas ata o o domingo, 8 de maio.

Ares, 30 de abril de 2016.

A Federación Galega de Fútbol organiza este partido amigable de carácter internacional, no que a selección galega se enfrontará á Venezuela, recuperando despois de oito anos este evento. A cita será no estadio coruñés de Riazor o venres, 20 de maio, ás 20.30 h.

Todos os socios e xogadores do Numancia que estean interesados en acudir a Riazor poden reservar as entradas, tendo preferencia ata o domingo 8 de maio. A partir dese día poñeranse a disposición de calquera afeccionado. As entradas teñen un prezo popular: 10 € para as gradas de Fondo e 15 € para Tribuna e Preferencia. Poderase efectuar a reserva na oficina do club, no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao 619990258.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.