SORTEOS TORNEOS DE CONVIVENCIA F-8

GRUPOS E DATAS DA "COPA" DE F-8

Os nosos equipos de F-8 xa teñen rivais na primeira fase dos distintos torneos de convivencia.

 

Ares, 16 de abril de 2016.

O equipo alevín do Numancia, integrado no Torneo de Convivencia dos grupos 22º, 23º e 24º, quedou no grupo B e terá coma rivais ao Cebarca, As Pontes e O Val. Os partidos serán o 27, 28 e 29 de maio, no campo do Meirás.

Os benxamíns forman parte do Torneo de Convivencia no que participan os equipos dos grupos 21º, 22º e 23º. O sorteo enviou ao Numancia ao grupo G, xunto co Ferrol C e o San Sadurniño. Este grupo de 3 equipos celebrará os seus partidos o sábado, 14 de maio, no campo do Val.

Finalmente, os prebenxamíns participarán no Torneo de Convivencia correspondente aos grupos 22º e 23º. O Numancia foi ao grupo C, xunto co San Pedro, Ánimas B e G. Mugardos. Os partidos serán o venres 27 e o domingo 29 de maio, no campo de Aneiros.

Nestes torneos os partidos serán de 20 m. dunha soa parte na primeira fase, en oitavos, cuartos e semifinais. A final terá dous tempos de 15 m.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.