CAMPUS CELTA 2016

PRESENTACIÓN DO CAMPUS DE VERÁN

Este martes, 5 de abril, ás 11.30 h., será a presentación dunha nova edición do Campus organizado polo Concello de Ares e a Fundación Celta de Vigo. O acto terá lugar na Alcaldía do Concello de Ares. A continuación reproducimos a nota de prensa enviada desde o Concello:

Ares, 3 de abril de 2016

"Un ano máis o Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, e a Fundación Celta de Vigo, organizan o Campus de Verano da Fundación Celta de Vigo 2016, que será presentado o martes 5 de abril, ás 11,30h. nas dependencias da Alcaldía do Concello de Ares, nun acto no que estará presidido polo Alcalde de Ares, Julio I. Iglesias Redondo, e contará ca presenza do Director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, de representantes da Concellaría de Deportes do Concello de Mugardos, dos Presidentes dos clubes Numancia de Ares e Galicia de Mugardos, así como do Delegado da Federación Galega de Fútbol en Ferrol Manuel Mesa, colaboradores todos eles nesta edición do Campus.

Dito campus desenvolverase entre o 11 ao 15 de xullo, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos, (e no campo mugardés da Pedreira no caso de rebasarse a cifra de 50 inscritos), e será en rexime matinal de 10 a 14h, agás o venres día da clausura que rematará polo serán. Cada participante recibirá unha equipación completa, Adidas, da Fundación Celta de Vigo, e participará durante cinco días nunhas xornadas nas que poderá mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade, xogando e divertíndose tendo o balón como elemento común. En cada xornada os nenos/as recibirán a media mañá un tentempé.
Os prezos que terá o Campus irá dende os 115 € no caso dos empadroados/as en Ares ou en Mugardos, xogadores das categorías inferiores do Numancia ou do Galicia de Mugardos, ou aboados ao Celta de Vigo e/ou á Fundación. No resto dos casos a inscripción terá un custe de 130 €. Para máis información e inscricións pódese chamar ao teléfono 986213676 ou tamén en www.fundacioncelta.com. As inscricións efectuadas con anterioridade ao día 1 de xuño, recibirán unha camiseta de adestramento a maiores."
 

 

En Ares, a 1 de abril de 2016.
CONCELLARÍA DE CULTURA E DEPORTES DO CONCELLO DE ARES
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.