PRIMEIROS AUXILIOS

LUNS, 15 DE FEBREIRO NO AUDITORIO DE NARÓN
A delegación ferrolá de fútbol organiza unha charla de primeiros auxilios dirixida a todos os colectivos vinculados ao mundo de fútbol na que se explicarán actuacións de rápida intervención ante un accidente deportivo.
 
 
Ares, 11 de febreiro de 2016.

O delegado ferrolán, Manolo Mesa, enviou este comunicado aos clubs da delegación de Ferrol:
 
"Lembrámoslles que a Delegación de Fúbol de Ferrol organizará unha charla de primeiros auxilios, dirixida a todos os adestradores, delegados, directivos e xogadores dos clubs desta delegación. Celebrarase o luns, 15 de febreiro de 2016, ás 20.00 h. no Auditorio de Narón, sito na Praza de Galicia, ao lado do propio concello (Alto do Castaño – Narón).
 
Rogo, solicito e incluso vou permitirme “obrigar” a que acuda a máxima xente posible. Non existen escusas de adestramentos. Se for necesario, deberán de suspenderse, e entendemos que as charlas son un adestramento máis, e quizás de maior importancia que calquera outra sesión táctica ou física, xa que ultimamente se están producindo diversos incidentes nos terreos de xogo, onde unha correcta actuación no primeiro momento do accidente deportivo, pode diminuír potencialmente posibles danos que se puidesen derivar do citado accidente.
 
Queremos agradecer ao concello de Narón, así como a Protección Civil desta localidade, a aceptación desta iniciativa e o seu labor altruísta na mesma, considerando que é un tema de gran importancia no deporte, e particularmente no mundo do fútbol".
 
O desenvolvemento principal do curso será distribuído nas seguintes materias:
 
1) Utilización do tubo de Güedel.
2) Reanimación cardiopulmonar. 
3) Como actuar nun primeiro momento, en golpes na cabeza, roturas, cortes, …
4) Nocións básicas de uso do desfibrilador.
5) Suxestións e preguntas.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.