CESTA DE NADAL. RIFA PREMIADA

NÚMERO 9719   

Este foi o número premiado coa cesta de Nadal. O afortunado fíxonos agardar ata o último momento e presentouse na oficina do club na noite do luns, ás 21.00 h. entregando a rifa premiada.


Ares, 5 de xaneiro de 2016

Alberto Langtry, veciño de Ares, recibiu a magnífica cesta de Nadal de mans do presidente do Numancia, Antonio Rodríguez Martínez, mostrando a súa agradable sorpresa pola cantidade de produtos que había dentro da mesma. Tamén estaba presente Javier Aneiros, o vendedor da rifa, quen levaba días convencido de que fora el quen repartira a sorte, porfiando ata dar co comprador.

Un ano máis, a ADR Numancia agradece a colaboración de todas aquelas persoas que participaron, tanto na venda coma na compra das papeletas, contribuíndo xenerosamente no mantemento da sociedade. 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.