CESTA DE NADAL. RIFA PREMIADA
NÚMERO 9719
Este foi o número premiado coa cesta de Nadal. O afortunado fíxonos agardar ata o último momento e presentouse na oficina do club na noite do luns, ás 21.00 h. entregando a rifa premiada.
Ares, 5 de xaneiro de 2016
Alberto Langtry, veciño de Ares, recibiu a magnífica cesta de Nadal de mans do presidente do Numancia, Antonio Rodríguez Martínez, mostrando a súa agradable sorpresa pola cantidade de produtos que había dentro da mesma. Tamén estaba presente Javier Aneiros, o vendedor da rifa, quen levaba días convencido de que fora el quen repartira a sorte, porfiando ata dar co comprador.
Un ano máis, a ADR Numancia agradece a colaboración de todas aquelas persoas que participaron, tanto na venda coma na compra das papeletas, contribuíndo xenerosamente no mantemento da sociedade.