Inicio Noticias Xerais REUNIÓNS COAS FAMILIAS DO FÚTBOL -8
 
 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DO FÚTBOL -8

MÉRCORES, 23 DE SETEMBRO,  CITA EN PRADOS VELLOS PARA AS CATEGORÍAS DE  ALEVÍNS E BENXAMÍNS.

Esta semana comezan as reunións informativas coas familias dos nenos pertencentes ás categorías de F-8 do Numancia, onde se explicarán as normas e organización que rexerán para esta temporada. A seguir ofrecemos o calendario de reunións:
 
Ares, 21 de setembro de 2015
 
Coincidindo cos días de adestramento dos nenos, comezaremos estas reunións o mércores, 23 de setembro, de acordo co seguinte horario:
 
Ás 17:00 h: categoría benxamín.
 
Ás 17:45 h: categoría alevín.

E unha semana despois, o xoves, 1 de outubro teremos a reunión coas familias dos prebenxamíns ás 17:30 h. 

A directiva do Numancia quere insistir na conveniencia de que todas as familias fagan un esforzo para acudir a estas reunións e así recibir de primeira man toda a información relativa á actividade dos seus fillos. Ao mesmo tempo, estas xuntanzas deben servir para que se poidan aclarar outros asuntos e tamén para que se propoñan suxestións de cara a unha mellora do funcionamento do club. 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.