Inicio Noticias Xerais ARES-PAINTBALL. TIERRA HOSTIL
 
 

ARES-PAINTBALL. TIERRA HOSTIL

OS XOGADORES DO NUMANCIA DE ARES, MAIORES DE 14 ANOS, TERÁN UN 25% DE DESCONTO.

Mario F. Cavezza, un dos responsables de Ares-Paintball, fainos chegar a súa oferta deste divertido xogo que ten como escenario o entorno do Mosteiro de Santa Catalina (Montefaro).

 


Ares, 23 de agosto de 2015.

En ARES-PAINTBALL teñen como un dos seus obxectivos reunir grupos que estean dispostos a enfrontarse a equipos descoñecidos e así fomentar a competitividade e o xogo en equipo dun xeito san e deportivo. Para levar isto a cabo contan con monitores formados, que orientarán e axudarán en todo momento os xogadores, ademais de velar pola súa seguridade.

Ofrecen ao xogador dous tipos de diversión: o paintball tradicional ao gusto do cliente ou tactical paintball máis enfocado ao milsim (simulación militar).

Tes toda a información en: www.arespaintball.es.

 

Numancia de Ares. ARES-PAINTBALL TIERRA HOSTIL.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.