Inicio Noticias Xerais II TORNEO DE FUTBOL BASE NARON FREIXO (ALEVINS E BENXAMINS)
 
 

II TORNEO DE FUTBOL BASE NARON FREIXO (ALEVINS E BENXAMINS)

O NUMANCIA DE ARES PARTICIPA NA CATEGORÍA BENXAMIN


Os vindeiros días 5 e 6 de setembro terá lugar no Estadio Municipal de Río Seco de Narón o Segundo torneo de fútbol base do Narón Freixo nas categorías benxamín e alevín.


Ares, 12 de agosto de 2015.


Entre os equipos participantes están confirmados os seguintes: Real Club Deportivo da Coruña, Real Club Celta de Vigo, S.D. Ponferradina, Racing de Ferrol, Galicia de Caranza, Ural, As Pontes, Vitoria, Orillamar, Imperator, Escola de Fútbol de Lalín, Escola de Fútbol Luís Calvo, C.D. Quirinal de Avilés, Xuventude de Oroso, O Val, S.D. Animas, Escola de Fútbol de Viveiro, Cariño, Ortigueira, Numancia de Ares, Galicia de Mugardos, Miño, Narón Freixo.


O día 5 de setembro será o turno dos alevíns. Formando o cadro do torneo 16 equipos divididos en catro grupos de catro equipos cada un, pasando á fase eliminatoria os dous primeiros de cada grupo.


O día 6 de setembro será o dia dos benxamíns, formando un cadro de 24 equipos distribuídos en seis grupos de catro equipos, pasando ás eliminatorias finais os dous primeiros de cada grupo e os catro mellores terceiros.


No seguinte enlace tes acceso a toda a información do Torneo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.