Inicio Noticias Xerais PLENIÑO FÚTBOL (2)
 
 

PLENIÑO FÚTBOL (2)

ADESTRADORES DE BASE CON TÍTULO NA TEMPORADA 2015-16
 
Rematada a información do plano competicional, o secretario xeral, Diego Batalla informou de varios puntos:
 
 
Ares, 11 de xullo de 2015
 
Comezou solicitando a colaboración de todos os clubs en canto á detección de problemas ou deficiencias que poidamos observar no funcionamento do programa informático da Federación, aconsellando que lles transmitamos todos os erros que localicemos.
 
Tamén alertou de que a próxima temporada a aliñación de xogadores que teñan a baixa médica será considerada coma aliñación indebida, de houber reclamación.
 
Outra modificación do Regulamento afecta ao cumprimento das sancións por expulsión directa ou por dobre cartón amarelo, avisando que os partidos de sanción deben cumprirse na categoría na que fose sancionado, non podendo xogar noutra categoría ata o remate do cumprimento da sanción.
 
Por último, Diego Batalla lembrou que a Lei do Deporte esixe que cada equipo debe estar dirixido por un monitor ou adestrador, coa correspondente formación acreditada.
Neste sentido, Manolo Mesa adiantou que a delegación de Ferrol convocará un curso de nivel 0 no mes de outubro e outro en febreiro. En consecuencia, todos os equipos de fútbol base deben contar xa nesta temporada 2015-16 con monitores titulados ou que estean matriculados para os cursos convocados. Ademais, adiantou que para a temporada 2015-16 os clubs de 2ª Autonómica deben contar con adestradores que posúan o nivel 2.
 
Así mesmo, Manolo Mesa incidiu na necesidade de que os delegados dos clubs reciban lectura das actas arbitrais, para evitar posibles erros.
 
E, finalmente, Juan Carlos, responsable da xestión das licenzas federativas, informou da problemática inscrición de futbolistas estranxeiros menores de idade, explicando a obrigatoriedade de presentar toda a documentación requerida pola Federación Española, a petición expresa da FIFA.
 
En relación coas licenzas, tamén recordou que con cada nova ficha dun xogador menor de idade debe presentarse a autorización paterna correspondente, dando cumprimento ademais á Lei de Protección de Menores que obriga a informar aos pais dos compromisos que se adquiren ao asinar a licenza.
 
E para rematar, comunicou que xa se podían expedir licenzas dos monitores.
Longa e interesante reunión que se prolongou preto de tres horas.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.