PLANO COMPETICIONAL 2015 -16

DEPORTIVO NARÓN, NOVO EQUIPO EN 3ª AUTONÓMICA.
 
Co salón de actos ateigado de directivos do fútbol modesto ferrolán, desenvolveuse o pleniño informativo previo á asemblea da Federación Galega de Fútbol do 27 de xullo. 
 
Ares, 11 de xullo de 2015
 
Pablo Prieto, coma representante da Federación Galega; Diego Batalla, secretario da Federación; Benjamín Anido, vicesecretario e Juan Carlos, responsable da xestión das licenzas, xunto ao delegado ferrolán, Manolo Mesa, mais Juan Varela, presidiron a mesa.
 
Tomou a palabra Pablo Prieto agradecendo a colaboración e dedicación dos directivos dos clubs e, a continuación, salientou tres temas: a intención de mellorar o funcionamento da Mutualidade de futbolistas e o mantemento das cotas; a elaboración dunha web federativa máis dinámica; e o labor de integración do fútbol sala.
Completou Manolo Mesa este punto, lembrando que desde o luns pola mañá haberá cursiños na delegación para aprender o uso da web federativa.
 
Continuou Benjamín Anido explicando o plan competicional da temporada 2015-16, por categorías, do que recollemos a información relevante para o Numancia:
 
2ª AUTONÓMICA, grupo 4º: 16 equipos:
 
Narón Balompé (descendido e pendente a súa participación da asemblea que celebrarán este luns)
Meirás (descendido)
Maniños (descendido)
G. Caranza
As Pontes B
Numancia
Ortigueira
Perlío
Narahío
Mandiá
San Mateo
Capela
Cariño
San Sadurniño
Somozas B (ascendido)
Valdoviño (ascendido)
Ascende o primeiro clasificado e promociona o segundo clasificado.

3ª AUTONÓMICA, grupo 5º: 8 equipos:
 
Rosalía (Descendido)
Estrella (Descendido)
Cebarca (Descendido)
Barallobre
Moeche
Cabanas
Monfero
Deportivo Narón, club novo.
Ascenderían os dous primeiros clasificados.

De aceptarse a proposta que levará a nosa delegación á Asemblea Xeral da Federación Galega do 27 de xullo, e de non superar o número de 24 equipos, habería unha unificación dos equipos de 2ª e 3ª autonómica, de modo que se dividirían en dous grupos de 12 equipos que disputarían unha primeira fase a un partido. Os seis primeiros de cada grupo formarían o grupo 4º, disputando unha liga a dobre volta. O resto dos equipos disputarían unha liga tamén a dobre volta. Ao remate da competición, os 24 equipos ordenaríanse desde o  1º ao 24º, de modo que sempre se podería activar unha 3ª autonómica, de houber máis de 24 equipos na seguinte temporada.
 
Esta competición comezaría o 6 de setembro na súa primeira fase (liga a unha volta). A segunda fase comezaría o 22 de novembro e finalizaría o 8 de maio.
 
Seguindo o criterio da clasificación obtida na última temporada, os equipos dividiríanse en dous grupos, indo os equipos clasificados en postos pares para un grupo e os impares para o outro. Con esta proposta, os grupos quedarían así:
 
Grupo A: Narón, Maniños, As Pontes B, Ortigueira, Mandiá, Capela, San Sadurniño, Somozas B, Estrella, Barallobre, Cabanas e Deportivo Narón.
 
Grupo B: Meirás, G. Caranza, Numancia, Perlío, Narahío, San Mateo, Cariño, Valdoviño, Rosalía, Cebarca, Moeche e Monfero.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPOS 4º e 5º:
 
G. Caranza B (descendido)
Portuarios
As Pontes
Numancia
Ensanche
Eume
Narón
Perlío
Miño
Meirás
San Sadurniño
O Val B
Cariño
Cedeira
Neda
Ánimas
G. Mugardos
Portuarios B
Maniños
Ortigueira
Amistade Meirás
Deportivo Narón A 
Deportivo Narón B.
 
23 equipos que se dividirán en dous grupos, comezando a primeira fase o 13 de setembro. Desta primeira competición a unha volta clasificaranse para as semifinais de copa os dous primeiros clasificados de cada grupo, mentres que os seis primeiros pasarán a formar parte do grupo 4º, comezando a liga a dúas voltas o 29 de novembro e rematando o 8 de maio. Os dous primeiros clasificados deste grupo 4º promocionan.
 
Os horarios oficiais son o sábado pola tarde ou o domingo pola mañá.

PRIMEIRA AUTONÓMICA CADETE. GRUPOS 3º e 4º:
 
Eume (descendido)
As Pontes
Portuarios
G. Caranza B
Narón
Ortigueira
Numancia
Meirás
O Val
Perlío
Cariño
Portuarios B
Ánimas
R. San Pedro
G. Mugardos
Maniños
San Sadurniño
Miño
Amistade Meirás
O Freixo
Narón B
R. de Neda
Cedeira
Deportivo Narón A
Deportivo Narón B
 
25 ou 23 equipos (dependerá do que decida en asemblea o Narón) que se dividirán en dous grupos, comezando a primeira fase o 13 de setembro. Desta primeira competición a unha volta clasificaranse para as semifinais de copa os dous primeiros clasificados de cada grupo, mentres que os seis primeiros pasarán a formar parte do grupo 3º.  Os dous primeiros clasificados deste grupo 3º promocionan.
 
Os horarios oficiais son o sábado pola mañá ou pola tarde. 

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL. GRUPOS 3º e 4º:
 
Portuarios
Eume
R. Ferrol B
Narón
R. San Pedro
Amistade Meirás
G. Caranza B
R. de Neda
As Pontes
Ánimas
Numancia
Cedeira
Maniños
O Val
G. Caranza C
Miño
Perlío
Meirás
G. Mugardos
Cariño
San Sadurniño
Portuarios B
Ortigueira
E.F. R. Ferrol
Eeme B
Barallobre
Cebarca
Deportivo Narón A
Deportivo Narón B
 
29 equipos que se dividirán en tres grupos para disputar unha primeira fase que comezará o 13 de setembro.
 
A segunda fase constará de dous grupos: A (grupo 3º) formado por 12 equipos. Os dous primeiros clasificados promocionan.
 
E un grupo B no que estarán o resto dos equipos. Este grupo rematará a competición o 4 de xuño.
 
Os horarios oficiais serán o venres pola tarde ( a partir das 19.00 h., se hai que desprazarse) e sábado, mañá ou tarde.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.