Inicio Noticias Xerais V TORNEO DE FÚTBOL – 8 “CCRD PERLIO”.
 
 

V TORNEO DE FÚTBOL – 8 “CCRD PERLIO”.

Os días 19, 20 e 21 de xuño do 2015, organizado polo CCRD Perlio, celebrarase no campo de fútbol de Os Pinares, o V Torneo de Fútbol – 8 “CCRD PERLIO”, para as categorías de Alevíns, Benxamíns, Prebenxamíns e Feminino.


Ares, 10 de xuño do 2015.


As fases de clasificación nas distintas categorías disputaranse, o venres 19 en horario de tarde, e sábado 20 en horario de maña. O mesmo sábado, en horario de tarde, terán lugar os cuartos de final. O domingo 21, en horario de maña celebraranse as semifinais, e pola tarde as finais.


Neste Torneo o Numancia de Ares participa nas categorías de alevíns e prebenxamíns. Estes son os seus calendarios:


ALEVINS


O equipo ALEVIN do Numancia está encadrado no Grupo A, xunto co Narón Balompé e Amistade Meirás.


O calendario na fase de clasificación do equipo ALEVIN é o seguinte:


Narón – Numancia, venres 19, ás 17:00 h, no campo B.


Amistade Meirás – Numancia, venres 19, ás 19:40 h, no campo B.


PREBENXAMINS


O equipo PREBENXAMIN do Numancia está encadrado no Grupo B, xunto co Rápido de Neda e Galicia de Mugardos


O calendario na fase de clasificación do equipo PREBENXAMIN é o seguinte:


Rápido de Neda – Numancia, venres 19, ás 17:40 h, no campo A.


G. de Mugardos – Numancia, venres 19, ás 20:20 h, no campo A.


Para ver toda a información relacionada co Torneo PICA AQUÍ.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.