PREVIA: FIN DE SEMANA DO 21 AO 24 DE MAIO DE 2015.

ESTE DOMINGO, VOTA POLO NUMANCIA EN PRADOS VELLOS

Semana bonita para a parroquia numantina que agarda polo domingo electoral no que o primeiro equipo xogarase o pase as semifinais de Copa. Analizamos o que nos agarda este fin de semana:

 

 

MODESTOS: Xa están en cuartos de final logo de eliminar o gran AD Miño o pasado domingo. Este fin de semana recibimos ao UDC Narahío un equipo duro e intenso que tamén quere soñar. Pero non queremos deixar pasar esta oportunidade. ¡¡¡TOD@S¡¡ este domingo a Prados Vellos as 17:30 para levar ao Numancia as semifinais de Copa. Marea Vermella convocada. ¡¡¡Non podes faltar¡¡¡ Pasamos lista. Numancia - Narahio nos Cuartos de Final da Copa Delegación de Ferrol - Partido Único este domingo as 17:30 en Prados Vellos.

XUVENÍS: Despois dun merecido descanso dunhas semanas volven os xuvenís á competición. Será na fase previa da Copa AFACO onde xogarán en formato triangular ante o Galicia de Mugardos e a SD O Val no campo de herba natural de O Sinde o sábado a partir das 17:00.

CADETES: Tamén os cadetes inician a Copa AFACO. Xogarán en formato triangular ante o Galicia de Mugardos e o Cultural Maniños no campo de O Pote de Maniños o venres a partir das 17:30.

INFANTÍS: Teñen xornada de descanso antes de afrontar as semifinais da Copa AFACO para as que se clasificaron a pasada semana.

FÚTBOL - 8: Os biberóns xogan un partido adiado da Liga AFACO de fútbol - 8. Será o xoves as 18:00 no campo de O Poboado de As Pontes ante o equipo local.

Biberóns, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, adestradores, pais e directivos despedirán o sábado a temporada de fútbol - 8 na tradicional Festa de Clausura no "Mosteiro de Santa Catalina" en Montefaro nun xantar de confraternidade no que como sempre haberá moita festa e moitas sorpresas. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

En resumo, bonito fin de semana con festa, copas AFACO pero sobretodo con esa cita totalmente ineludible para calqueira numantino que sinta as cores vermellas. Os Cuartos de Final da Copa de modestos o domingo. ¡¡¡Vota polo Numancia¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 


Numancia de Ares. Vota Numancia.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.