Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 15 AO 17 DE MAIO DE 2015.
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 15 AO 17 DE MAIO DE 2015.

EN BUSCA DA CAMPANADA PARA CHEGAR AOS CUARTOS

Unha vez descovocada a folga do fútbol podemos congratularnos xa que o balón correrá con toda a forza do mundo este fin de semana no distintos campos da xeografía galega. Nós temos unha gran cita o domingo na Copa de Modestos e bonitos torneos para que os disfruten os rapaces do fútbol base. Analizamos o que nos agarda:

 

MODESTOS: Chegan os Oitavos de Final da Copa Delegación de Ferrol. Eliminatoria onde o Numancia recibe ao campión da Segunda Autonómica, o AD Miño. Os nosos xogadores preparan duro este partido e teñen a ilusión de facer algo bonito nesta competición. Claró está que os de Miño serán un duro rival pero cun Prados Vellos abarrotado de numantinos e coa forza de todos estamos seguros de que podemos conseguilo. ¡¡¡Contamos contigo este domingo as 17:30 en Prados Vellos para dar a campanada antes dos cuartos¡¡¡ Pasamos lista.
Numancia de Ares. A nova xeración.
XUVENÍS: Teñen semana de descanso.

CADETES: Teñen semana de descanso.

INFANTÍS: Como aperitivo copeiro do domingo temos a IV edición da Copa AFACO de infantís. Numancia, Galicia de Mugardos e Cultural Maniños buscarán o pase as semifinais nunha eliminatoria que se xogará en formato de triangular este venres a partir das 17:30 en Prados Vellos, mismo escenario que albergará a final desta competición. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

FÚTBOL - 8: Bonito fin de semana para os rapaces aresáns. Os alevíns xogan o Torneo de Convivencia da FGF que organiza este ano o CD Cariño nas suas instalacións. O sábado pola tarde xogarán ante O Val, Cañoles e Cebarca na fase de grupos. En caso de clasificarse xogarían o domingo a fase final do Torneo.

Por outra parte, os prebenxamíns e os benxamíns madrugan o sábado para emprender viaxe a "El Mundo del Fútbol" en Abegondo onde o RC Deportivo de A Coruña organiza un ano mais o seu Torneo. Bonita experiencia para os rapaces que xogarán durante a xornada do sábado ante conxuntos doutras partes da provincia de A Coruña e convivirán cun gran número de equipos da xeografía galega. ¡¡¡A disfrutar¡¡¡

En resumo, últimos coletazos da temporada oficial, aínda que no Numancia agardamos que os modestos poidan facernos soñar ata mediados de xuño. No fútbol base comezan os Torneos de Fin de Temporada que se extenderán tamén ata mediados do próximo mes.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Cariño ou en Abegondo.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.