XII TORNEO DE FÚTBOL – 8 “R. C. DEPORTIVO DA CORUÑA – LIGA BBVA”.

O sábado, 16 de maio do 2015, celebrarase na “Ciudad Deportiva de Abegondo”, o XII Torneo fútbol “Real Club Deportivo da Coruña – Liga BBVA”, nas categorías de Benxamín – F8 e Prebenxamíns – F8.

 



Ares, 8 de maio do 2015.

Neste Torneo participaran un total de 144 equipos, deles, 82 equipos son da categoría benxamín, que estarán repartidos en 19 grupos, e a categoría prebenxamín estará conformada por 62 equipos, repartidos en 14 grupos.

A competición desenvolverase mediante unha Fase Clasificatoria previa, con sistema de liga a unha volta. Posteriormente levarase a cabo a Fase Final, por eliminación directa a un partido. No caso dos prebenxamíns comezará cos Oitavos de Final, clasificándose para eles os 16 campións de cada grupo. Os benxamíns arrancarán en Dezaseisavos de Final, clasificándose os 21 campións de cada grupo, máis os 11 mellores segundos, enfrontándose entre eles mediante sorteo realizado anteriormente pola organización.

A competición desenvolverase en 11 campos de herba natural, na que se disputarán indistintamente e simultáneamente partidos de ambas as dúas categorías.

A ADR Numancia de Ares participa neste Torneo en ambas as duas categorías, benxamíns e prebenxamíns.

BENXAMINS

O equipo BENXAMIN do Numancia está encadrado no Grupo 8º xunto co: Jesuitas “A”, Narón “A” e Ural “B”.

O calendario da fase clasificatoria do equipo BENXAMIN aresán é o seguinte:

- Ás 09:45 h, Numancia –Jesuitas “A, Campo 4B.

- Ás 10:05 h, Narón “A” – Numancia, Campo 4A.

- Ás 11:35 h, Ural “B” – Numancia, Campo 5B.

PREBENXAMINS

O equipo PREBENXAMIN do Numancia está encadrado no Grupo 1º, xunto co Calasanz, Torre e SD Sofán.

O calendario da fase clasificatoria do equipo PREBENXAMIN aresán é o seguinte:

- Ás 10:30 h, Calasanz – Numancia, Campo 3A.

- Ás 10:50 h, Numancia – Torre, Campo 3B.

- Ás 12:20 h, Numancia – SD Sofán, Campo 7C.

PICA AQUÍ para ver toda a información deportiva relacionada co Torneo.

 



SERVIZO DE RESTAURACION:

A organización do torneo pon a disposición de todos os asistentes, durante toda a xornada do evento nas propias instalacións de Abegondo, unha ampla oferta gastronómica de comida e bebida para que todos os equipos participantes, familiares e afeccionados poidan gozar dunha estupenda comida sen saír da Cidade Deportiva.

Ademais do consumo directo e puntual que se desexe realizar ao longo do día, co fin de facilitar a estanza, tamén se ofrece a posibilidade de realizar as reservas de menús que se desexen facer previamente, a través do seguinte e-mail, " Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ".

PICA AQUÍ para consultar a carta de menús.

 

XII TORNEO DE FÚTBOL – 8 “R. C. DEPORTIVO DA CORUÑA – LIGA BBVA”.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.