Inicio Noticias Xerais IV PREMIOS ESTUDO E DEPORTE 2015.
 
 

IV PREMIOS ESTUDO E DEPORTE 2015.

O lES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Concello de Ares, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro, puxeron en marcha por cuarto ano consecutivo os “IV Premios Estudo e Deporte”.

 

Con esta iniciativa pretendese premiar aos estudantes do centro IES de Mugardos que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.

Entre todos querese poñer en valor a capacidade de organizarse e de programar o tempo con eficacia para render positivamente nos estudios e na actividade física.

Serán avaliados para optar os premios todo o alumnado do lES de Mugardos que practica deportes ou actividades físicas regulamentadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora.

A ADR Numancia de Ares e unha das entidades deportivas colaboradoras na avaliación dos deportistas cun total de 14 xogadores distribuidos nas seguintes categorías:

Infantís: Martín Saavedra.

Xuvenís: José Miguel García, Óscar Martínez, Raúl Sánchez, Nicolás Tabeayo, Carlos Vázquez, José Manuel, Marcelo Couce, Juan Escudero, Iván Fernández, Ángel Fernández, Andrés Nóvoa, Martín Pérez e Miguel Rodríguez.

Para ver o díptico da información relacionada cos Premios PICA AQUÍ.

 

 

Numancia de Ares. IV Premios Estudo e Deporte 2015. 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.