PREVIA: FIN DE SEMANA DO 1 AO 6 DE MAIO DE 2015

¡¡¡O MÉRCORES HAI QUE INVADIR ANEIROS¡¡¡

Primeiras xornadas dun mes de maio que ven cargado de partidos. Comeza a Copa de modestos, termina a Liga xuvenil e as demais competicións de base van chegando tamén ao seu final. Analizamos o que nos agarda dende o venres ata o mércores:



MODESTOS: Cambio de competición. Comeza a Copa da Delegación de Ferrol. Chega a fase previa onde o Numancia xogará a dobre partido co CD Rosalía de Vilaboa, equipo que descendeu a Terceira Autonómica pero que de seguro querrá terminar ben a temporada coa competición de Copa. Os nosos buscarán seguir co gran momento do final de Liga e chegar o mais lonxe posible na competición copeira que afrontan con ilusión. O domingo as 18:00 por unha Copa boa.... ¡¡¡Tod@s a Vilaboa¡¡¡ Pasamos lista no campo de O Lameiro de Vilaboa - Valdoviño.
Numancia de Ares. Xuvenís.
XUVENÍS: Última xornada de Liga a que o Numancia chega coas opcións intactas de clasificarse para a fase de ascenso. Este fin de semana xógase a penúltima xornada onde o Numancia descansa pero xogase no Poboado As Pontes - Portuarios (queremos unha vitoria do As Pontes ou un empate) O resultado dese partido decidirá se ao Numancia chegaralle cunha vitoria ante o Portuarios para meterse na fase de ascenso ou se deberá esperar o resultado do San Sadurniño - As Pontes.

O que si que é seguro e que o Numancia ten que gañar ao Portuarios o mércores. Por iso toda a MAREA VERMELLA queda convocada para o mércores 6 de maio as 19:00 no campo de Aneiros en Serantes para levar aos xuvenís a fase de ascenso... E se non pode ser para felicitalos e aplaudilos pola sensacional competición de Liga. Recorda, o mércores as 19:00 en Aneiros tes unha cita ineludible co Numancia e cos seus xuvenís. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

CADETES: Xogarán a penúltima xornada de Liga visitando ao terceiro clasificado, o Portuarios. Será o venres as 10:00 en Aneiros - Serantes.

INFANTÍS: Duelo na zona media da clasificación entre Rápido de Neda e Numancia na penúltima xornada de Liga. Será o sábado as 11:00 no Municipal Juanito González de Neda.

FÚTBOL - 8: Abre a xornada o prebenxamín "A" que xoga en O Poboado o venres as 12:35 ante o CD As Pontes. O sábado pola mañá tres partidos de nenos en Prados Vellos. As 10:30 os alevíns reciben ao Racing San Pedro. As 11:30 os benxamíns xogan ante o Portuarios. As 12:30 o prebenxamín "B" recibe ao Eume Deportivo.

Os prebenxamíns xogarán tamén entre semana o que será a última xornada de Liga. O martes as 18:00 o prebenxamín "A" recibe ao Ánimas. O mércores as 18:00 o prebenxamín "B" pecha a Liga en O Beco de Cedeira ante o anfitrión.

En resumo, xornada na que comeza a Copa de modestos con toda a ilusión posible e onde os xuvenís pecharán unha fantástica competición de Liga esperemos que con gran premio final.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Vilaboa, Serantes, Neda, Prados Vellos, As Pontes ou Cedeira.

"Mientras hay vida, hay esperanza"

O Numancia somos todos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.