Inicio Noticias Xerais ITV. FIN DE SEMANA DO 24 AO 28 DE ABRIL DE 2015.
 
 

ITV. FIN DE SEMANA DO 24 AO 28 DE ABRIL DE 2015.

A IMPORTANCIA DE SABER PERDER

A última xornada do mes de abril trouxo despois de varias semanas derrotas para os primeiros equipos do Numancia. Analizamos de seguido os partidos da pasada fin de semana:

 



MODESTOS: Derrota ante o 5º clasificado, o Ortigueira no campo de Morouzos nun partido intrascendente. Con todo o pescado vendido, ambos equipos pecharon a Segunda Autonómica onde o Numancia acadou a mellor clasificación do primeiro equipo do club nas últimas temporadas; cuarto clasificado. Toca pensar na Copa.
Numancia de Ares.   !!! GRAZAS AFICIÓN ¡¡¡
XUVENÍS: Derrota nun dos partidos claves da temporada ante o CD As Pontes. Nun Prados Vellos ateigado de espectadores ambos equipos disputaron un gran encontro que finalmente caeu do lado dos da vila mineira. Seguen con moita vida os xuvenís e xa preparan a importante última xornada de Liga ante o Portuarios en Aneiros.

CADETES: Disfrutaron dunha xornada de descanso na Liga Cadete Pizza Movil grupo 3.

INFANTÍS: Gran partido dos infantís que conseguiron empatar en Prados Vellos ante un dos semifinalistas de Copa i equipo da zona alta como o Galicia de Caranza "B", confirmando desta maneira o seu bo momento neste tramo final de temporada.

FÚTBOL - 8: Os alevíns caían na Gándara ante o Ánimas. Os benxamíns vencían con claridade en O Beco ante o Cedeira. O prebenxamín "A" vencía en Ares ao AD Miño nun partido moi emocionante. O prebenxamín "B" empataba ante o Galicia de Caranza "D" a domicilio. Os biberóns despedíanse de Prados Vellos xogando ante a SD O Val nunha das últimas xornadas da Liga AFACO de fútbol - 8.

En resumo, unha xornada na que despois de bastante tempo volveron as derrotas pero na que todos soubemos perder e comportarnos a pesar de certas circunstancias que é mellor non citar. Os modestos terminaron cuartos e xa pensan na Copa e os xuvenís loitarán ata o último minuto da Liga por meterse na fase de ascenso a Liga Galega.

¡¡¡GRAZAS AFICIÓN¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.