Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 17 AO 19 DE ABRIL DE 2015.
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 17 AO 19 DE ABRIL DE 2015.

TEMPOS DE CONFIRMACIÓNS

Este fin de semana os distintos equipos do Numancia afrontan unha nova xornada nas competición de Liga que van chegando co paso das semanas ao seu final. Analizamos o que nos agarda nesta xornada do mes de abril:

 



MODESTOS: Penúltima xornada de Liga onde o primeiro equipo pode conseguir matemáticamente a 4ª posición na Segunda Autonómica. Para iso deberán derrotar ao Mandiá en Prados Vellos. Estamos seguros que os nosos xogadores sairán moi motivados para xogar este último partido de Liga na casa e poñer diante de toda a afición o broche de ouro a unha magnifica competición de Liga. Contamos contigo para despedir a Segunda Autonómica de Prados Vellos. Domingo as 17:00. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡
Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".
XUVENÍS: Primeira da tres finales que afrontarán os xuvenís nas próximas catro semanas. Nesta xornada, visitan a o SD O Val "B" un equipo ao que deberán superar para chegar coas opcións intactas aos enfrentamientos directos das últimas xornadas. Diso xa falaremos. Partido a partido. Tod@s cos xuvenís este sábado as 10:00 no anexo de O Sinde. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

CADETES: Reciben a un dos equipos que está loitando polo título e por xogar a fase de ascenso, o CD As Pontes. Partido difícil onde os rapaces buscarán compricarlle as cousas aos da vila mineira. Será o sábado as 16:30 en Prados Vellos.

INFANTÍS: Terminarán unha intensa semana afrontando un duelo da zona media da clasificación. Xogan ante o CD As Pontes nos campos de herba natural de O Poboado o venres a partir das 17:45.

FÚTBOL - 8: O venres temos festa do fútbol - 8 numantino en Ares con tres partidos en Prados Vellos. As 17:00 os benxamíns reciben ao Racing San Pedro. As 18:00 xogan os alevíns ante o Galicia de Caranza "D". Para as 19:00 queda o prebenxamín "B" que recibe ao E.F. Cabanas.

Para o sábado queda o derbi prebenxamín as 12:00 en A Pedreira entre Galicia de Mugardos e Numancia "A".

En resumo, xornada bonita na que empezarán a decidirse cousas nas competicións de Liga. Agora máis que nunca, o Numancia necesita o voso apoio.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, O Val, As Pontes ou en Mugardos.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.