Inicio Noticias Xerais ITV. FIN DE SEMANA DO 10 A O 15 DE ABRIL DE 2015.
 
 

ITV. FIN DE SEMANA DO 10 A O 15 DE ABRIL DE 2015.

SEGUIMOS AO NOSO


Vitoria de modestos, xuvenís e cadetes. Boa imaxe dos infantís e aprendizaxe continua no fútbol - 8. Analizamos o que nos deparou a pasada xornada.


 

MODESTOS: Vitoria importante en Perlío ante un dos equipos da zona alta. Quinto posto asegurado e dependendo de sí mesmos para quedar na cuarta posición.

Numancia de Ares. Corpos técnicos equipos infantís de Numancia i Eume (15/04/2015)

XUVENÍS: Triunfo ante un Perlío que vendeu cara a sua pel nun partido no que se sufriu en exceso nos últimos minutos. Vitoria e aviso para os xuvenís que deberán estar moi concentrados en cada minuto que queda desta Liga pola que loitan xunto con As Pontes e Portuarios.


CADETES: Vitoria meritoria dos cadetes ante un equipo da zona baixa como o Perlío en Os Pinares xa que contaban con 11 cadetes e 1 infantil.


INFANTÍS: O sábado a piques estaban de dar a sorpresa ante o segundo clasificado, o Racing de Ferrol "B" no campo de A Gándara.


O mércores o líder, o Eume Deportivo pasou moitos apuros en Prados Vellos nun partido no que os infantís confirmaron que chegan con moita forza ao tramo final da temporada.


FÚTBOL - 8: Os alevíns vencían en O Beco ante o Cedeira. Os benxamíns empataban en O Cadaval ante o Narón "B". O prebenxamín "A" vencía ao Racing de Ferrol "B" en Prados Vellos. O prebenxamín "B" derrotaba a domicilio ao CCRD Perlío. Os biberóns xogaban en Maniños un novo partido da Liga AFACO de fútbol - 8.


En resumo, unha xornada mais e unha xornada menos... Seguimos preto dos obxetivos pero hai que apretar os dentes no que queda de temporada.


O Numancia somos tod@s


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.