SELECCIÓN FERROL SUB-12 FEMININA

MARTINA OLIVEIRA, QUE PAROU DOUS PENALTIS NAS SEMIFINAIS, SUBCAMPIOA GALEGA.

Esta mañá a selección sub-12 de Ferrol participou na fase final do Campionato de seleccións comarcais. En semifinais, enfrontáronse á selección de Vigo co resultado final de empate a cero goles. Na tanda de penaltis, Martina Oliveira detivo dous penaltis que deron o pase á final do campionato.

Ares, 12 de abril de 2015.

O campo da Braña, do concello de Rois, acolleu esta mañá a fase final do Campionato de seleccións comarcais de categoría sub-12 (alevíns). A selección de Ferrol, na que participaba Martina Oliveira, xogadora do Numancia alevín, e filla do gran capi Roberto Oliveira, xogou ás 11 da mañá contra a selección de Vigo. O partido non tivo goles no tempo regulamentario polo que houbo que ir ao lanzamento de penaltis. E aí foi onde a nosa Martina resultou decisiva, parando dous penaltis e clasificando á súa selección para a final.Martina Oliveira

Á 1 do mediodía comezou a final na que debían disputar o título do campionato galego coa selección de A Coruña. E non houbo moito que facer pois as ferrolás non tiveron opcións e caeron por un tanteo final de 4 - 0. 

Boa campaña das nenas de 11 anos, que representaron magnificamente á Delegación ferrolá, conseguindo un brillante subcampionato.

 

 

 

 

MARTINA, Subcampiona Galega Sub-12 (12/04/2015).


Dende a ADR Numancia de Ares aproveitamos para felicitar a todas as rapazas e ao corpo técnico polo éxito alcanzado.

Alba Platas do Animas; Sara de la Fuente do Narón; Alesandra Pérez do R. de Neda; Nora Pérez e Paula Toja do Racing de Ferrol; Lucía López do Cariño; Laura Rodríguez do Cedeira; Sofía Martínez do G. de Mugardos; Ahinoa Tenreiro do Eume; Sabela López do Barallobre; Martina Oliveira do Numancia de Ares; Clara López e Judith González do San Sadurniño; Aroa González do G. de Caranza; Lucía Rivas do Freixo; Daltón (adestrador) e Xosé Lois (coordinador). Noraboa a tod@s.

 

Selección SUB-12 Feminina de Ferrolterra. Subcampiona Galega (12/04/2015)

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.