Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 10 AO 15 DE ABRIL DE 2015.
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 10 AO 15 DE ABRIL DE 2015.

¡¡¡AGÁRRENSE QUE VEÑEN CURVAS¡¡¡


Despois dun merecido descanso en Semana Santa, os equipos do Numancia afrontan o tramo final de temporada. Emoción, diversión e moita ilusión a que teremos dende este fin de semana ata esperemos as últimas semanas de xuño. Analizamos o que nos agarda este fin de semana, con catro enfrontamentos ante o CCRD Perlío.


MODESTOS: Visitan na antepenúltima xornada de Liga ao sexto clasificado, o Perlío. O primeiro equipo buscará defender a cuarta posición nestas últimas tres xornadas. Pase o que pase gran competición de Segunda Autonómica do equipo estandarte do Numancia e de Ares. Marea Vermella o domingo as 17:00 no campo de Os Pinares. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

Numancia de Ares. Xuvenis.

XUVENÍS: Si estamos orgullosos e agardamos o final de temporada con ilusión cos modestos, que dicir dos xuvenís. Últimas cinco xornadas de Liga onde As Pontes, Numancia e Portuarios loitarán polo título e polo subcampionato que da dereito tamén a xogar a fase de ascenso a Liga Galega. De momento, este sábado recibimos ao Perlío que está situado na zona media da clasificación. Cita obrigada e ineludible para todo numantino nestas últimas cinco xornadas cos xuvenís. O sábado as 16:30 Prados Vellos vístese de vermello para animar aos rapaces. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


CADETES: Restan tamén cinco xornadas para o final na Liga Cadete Coca Cola grupo 3º onde este sábado as 17:00 xogan ante o Perlío en Os Pinares nun partido da zona media da clasificación.


INFANTÍS: Os infantís xogan en cinco días ante os dous primeiros clasificados da Liga. O sábado as 10:00 visitan A Gándara para medirse ao segundo clasificado, o Racing de Ferrol "B".


O mércores en xornada entre semana (como na Primeira División), reciben as 18:00 en Prados Vellos ao líder, o potente Eume Deportivo. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


FÚTBOL - 8: Logo de disfrutar no Torneo Concello de Mugardos de Semana Santa os equipos de fútbol - 8 volven a "competición" ligueira. O venres as 17:00 os biberóns disfrutarán por última vez da herba natural de O Pote xogando ante os compañeiros do Cultural Maniños na Liga AFACO. As 18:00 o prebenxamín "A" recibe ao Racing de Ferrol "B" en Prados Vellos. As 18:45 en O Cadaval de Piñeiros os benxamíns mídense ao Narón Balompé "B".


Para o sábado quedan os alevíns que viaxan ata Cedeira para xogar ante o anfitrión en O Beco a partir das 11:00. Tamén as 11:00 o prebenxamín "B" xoga co Perlío en Os Pinares.


En definitiva, volven os goles, a emoción, a ilusión e volve tamén a cita da aficción co Numancia. Disfrutemos con todos os equipos e animemos con moita forza e cabeza a xuvenís e modestos neste fin de temporada tan bonito que teñen por diante.


¡¡¡Vémonos este fin de semana en Perlío, Prados Vellos, Cedeira, Narón ou en Maniños.


O Numancia somos tod@s


"Partido a partido" ("Cholo" Simeone)


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.