Inicio Noticias Xerais MARTINA, COA SELECCIÓN SUB-12 DE FERROLTERRA
 
 

MARTINA, COA SELECCIÓN SUB-12 DE FERROLTERRA

A xogadora do equipo alevín do Numancia de Ares, Martina, foi convocada coa selección sub-12 de Ferrolterra para disputar a fase final do Campionato de Seleccións Comarcais de Fútbol-8 en categoría feminina.



Ares, 31 de marzo de 2015

O campeonato terá lugar o domingo, 12 de abril, no Campo da Braña, no Concello de Rois (Santiago).
MARTINA, xogadora do equipo alevín do Numancia de Ares.
A selección de Ferroltera enfrontarase a de Vigo as 11:00 h. A mesma hora no campo anexo xogarán as selección de A Coruña e Santiago.

As vencedoras dos seus respectivos partidos xogarán a final as 13:00 horas.

Xunto coa xogadora do equipo aresán, tamén están convocadas as seguintes: Alba Platas do Animas; Sara de la Fuente do Narón; Alesandra Pérez do R. de Neda; Nora Pérez e Paula Toja do Racing de Ferrol; Lucía López do Cariño; Laura Rodríguez do Cedeira; Sofía Martínez do G. de Mugardos; Ahinoa Tenreiro do Eume; Sabela López do Barallobre; Clara López e Judith González do San Sadurniño; Aroa González do G. de Caranza e Lucía Rivas do Freixo.

Ánimo, e moita sorte rapazas.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.