PREVIA. FIN DE SEMANA DO 27 AO 29 DE MARZO DE 2015.

DOMINGO DE PAIXÓN.... VERMELLA

 

Último fin de semana de marzo onde os distintos equipos do Numancia disputarán unha xornada antes de coller unha semana de vacacións de Semana Santa no que a competición se refire. Analizamos o que nos agarda na fin de semana, que ten como día forte o domingo:

 

MODESTOS: Restan catro xornadas para o final. Este fin de semana o Numancia recibirá ao Estrella CF de Santa Cecilia. Partido trampa para o primeiro equipo ante un dos equipos que está a loitar por salvar a categoría. Será o domingo as 16:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

Numancia de Ares. Infantís Numancia - R. San Pedro (19-03-2015) 

XUVENÍS: Recta final da Liga Xuvenil Local. As Pontes, Numancia e Portuarios loitan polo título e polo subcampionato que da dereito a xogar a fase de ascenso. ¿Alguén da mais? Marea Vermella este domingo no Municipal de Gallamonde en Miño para animar aos rapaces ante o AD Miño. Quedades tod@s convocados para o domingo as 11:30 en Miño. ¡¡¡Tod@s cos xuvenís¡¡¡

 

CADETES: Reciben ao Narón Balompé nun partido da zona media da clasificación. Cita cos cadetes o sábado as 17:00 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

 

INFANTÍS: Disfrutarán dunha xornada de descanso na Liga Infantil Pizza Movil.

 

FÚTBOL - 8: O venres temos dous partidos en Prados Vellos para abrir boca de cara a fin de semana. As 17:45 os alevíns reciben ao Rápido de Neda "B". As 18:45 os benxamíns xogan ante o UD Cebarca. En canto aos prebenxamíns, o prebenxamín "A" xoga o venres as 17:30 na Gándara - 4 ante o Racing San Pedro. Para o sábado queda o prebenxamín "B" que recibe en Prados Vellos as 11:30 ao CD Cariño.

 

En resumo, xornada bonita antes do parón de Semana Santa con domingo de partidos importantes e de paixón vermella. Agora mais que nunca necesitamos o apoio de tod@s dende as bancadas.

 

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Miño ou na Gándara.

 

O Numancia somos tod@s

 

"Haz que las contrariedades te alienten y los obstáculos te engrandezcan" (Anónimo)

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.