DESFIBRILADOR EN PRADOS VELLOS

AS MULLERES NUMANTINAS ENTREGAN O DESFIBRILADOR 

Este vindeiro domingo, 29 de marzo, nos prolegómenos do partido que disputará o Numancia co Estrella, unha representación das “mulleres numantinas” entregarán ao presidente do club, D. Antonio Rodríguez, o desfibrilador  adquirido hai uns días.
 
Ares, 25 de marzo de 2015.
 
Xa vai para case dous anos cando un grupo de afeccionadas do Numancia, durante unha das súas ceas, valoraron a necesidade de que nas instalacións de Prados Vellos houbese un desfibrilador. Desde aquela noite, levaron a cabo máis dunha actividade coa finalidade de recadar fondos económicos que permitisen a adquisición do DESA.
Numancia de Ares. Desfibrilador en Prados Vellos. 
Comezaron coa venda das camisetas “Eu son Numan” e continuaron co sorteo dunha impresora. Estas dúas iniciativas permitiron xuntar unha cantidade significativa pero aínda insuficiente, polo que idearon solicitarlle ao R. Madrid, concretamente ao seu vicepresidente Fernández Tapias, unha camiseta asinada por Cristiano Ronaldo para sorteala. A xestión correu a cargo do veterano socio do Numancia, don Andrés Martínez Cao. E finalmente, tamén se implicaron as peñas futbolísticas aresás do Deportivo, R. Madrid e Barcelona que aportaron unha camiseta do seu club.
 
A todas as entidades citadas anteriormente, así como a todas as persoas que colaboraron mercando as rifas, queremos expresarlles a nosa gratitude e agradecemento.
 
Por último, non podemos deixar de comentar que estas fieis afeccionadas do Numancia seguen convocando periodicamente as súas ceas de mulleres, onde non só buscan un punto de encontro ao redor do Numancia, senón que tamén teñen coma finalidade aportar unha axuda económica ao club.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.