ELECCIÓNS MUNICIPAIS

VISITA DE FINA MARTÍNEZ, CANDIDATA DO PP ARESÁN, A PRADOS VELLOS

A ADR Numancia informou a Fina Martínez da situación e necesidades da entidade, previa petición dunha reunión.

 

Ares, 19 de marzo de 2015.

Ante a inminente campaña electoral das municipais, a ADR Numancia valora de maneira positiva o interese dos distintos partidos políticos aresáns por coñecer a situación das sociedades da nosa vila. Nesta liña, recibimos o martes da semana pasada, á candidata do PP de Ares, Fina Martínez. Nesa reunión os membros da xunta directiva informaron polo miúdo do funcionamento e organización do Numancia: categorías, deportistas, monitores, instalacións, eventos, … Ao mesmo tempo, déuselle cumprida información da colaboración do concello coa nosa entidade.

Por último, a Sra. concelleira e próxima candidata á alcaldía, tomou nota tamén das nosas carencias e necesidades, entre as que cabe salientar a construción dun muro de contención que substitúa o actualmente danado, así coma a reposición dos focos fundidos nas torres de iluminación.

Desta visita a Prados Vellos tamén informou o diario ferrolán dixital, Galicia Ártabra:

 

Fina Martínez con membros da Xunta Directiva do Numancia de Ares. 


 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.