Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 19 AO 22 DE MARZO DE 2015
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 19 AO 22 DE MARZO DE 2015

VIAXA COS MODESTOS; AXUDA AOS XUVENÍS

Fin de semana longo, festivo e con moito fútbol. Bonitos e importantes partidos para modestos (por partida dobre) e para xuvenís nunha xornada onde xogarán todas as categorías do Numancia desde o xoves ata o domingo. Analizamos o que nos agarda nos vindeiros días:

 


MODESTOS: O venres toca poñerse ao día. Visitan As Pontes para xogar o partido adiazo o 1 de marzo polo sorprendente mal estado dos tres terreos de xogo do gran complexo deportivo de O Poboado. Alí agarda o 3º clasificado, un CD As Pontes "B" que está loitando por alcanzar ao Galicia de Caranza e poder xogar a fase de ascenso. Sen dúbida un compricado partido onde os nosos buscarán traer algo positivo para Prados Vellos. Será o venres as 16:30 en O Poboado.
Numancia de Ares. Xuvenis.
Sen moito tempo para recuperarse, o domingo toca librar outra batalla. Desta vez será en Narahío ante o equipo local situado na 10ª posición. Será un partido duro e compricado nun dos campos mais difíciles da Segunda Autonómica. O partido terá lugar o domingo as 16:30 no campo de A Veiga en Narahío. Os modestos buscan facer un bo final de temporada para alcanzar a 4ª posicisión da Segunda Autonómica. ¡¡¡Todos co primeiro equipo este fin de semana¡¡¡

XUVENÍS: A falta de 7 xornadas para o final, toca defender esa 2ª posición e de paso loitar por alcanzar o liderato. Nesta semana reciben a un dos equipos da zona media, o Meirás CF, un rival que sempre comprica moito as cousas as categorías de base do Numancia. Por iso, quedades tod@s citados este sábado as 16:30 no noso campo de Prados Vellos para axudar aos xuvenís neste importante partido. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

CADETES: Xogan ante o Meirás coa intención de esquecer o último partido ante o Racing de Ferrol "B". Será o sábado as 17:30 no Misael Prieto de Meirás.

INFANTÍS: Reciben a visita do 4ºclasificado, o Racing San Pedro. Os numantinos buscarán sorprender a un rival ao que xa lle puxeron as cousas difíciles na primeira volta. O partido xogarase este venres festivo as 11:00 en Prados Vellos.

FÚTBOL - 8: Abren xornada os biberóns este xoves as 17:30 recibindo en Prados Vellos ao Eume Deportivo, nunha nova xornada da Liga AFACO de fútbol - 8. Os alevíns xogan ante o E.F. Ensanche o venres as 17:00 no campo de A Gándara - 3. Tamén o venres as 17:00 xoga o prebenxamín "B" neste caso en Aneiros - Serantes ante o líder, o Portuarios. Para o sábado quedan os benxamíns que visitan Cedeira para xogar ante o SD Cedeira "B" no campo de O Beco as 11:00. O prebenxamín "A" descansa nesta xornada.

En resumo, xornada intensa e moi bonita para disfrutar nestos días festivos. Agardemos que as cousas sigan polo bo camiño e manteñamos o dereito a soñar.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en As Pontes, Narahío, Prados Vellos, Meirás, A Gándara ou en Cedeira.

O Numancia somos tod@s

"Si se cree y se trabaja, se puede"

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.