FERROL ORGANIZA O SEU TERCEIRO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE

Comezará o 13 de abril e celebrarase os luns e mércores de 20:00 a 23:00 horas con Manolo García como coordinador.

 

 



O Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar Méndez; o Delegado de Ferrol da FGF, Manuel Mesa; o Director da Escola Galega de Entrenadores, Manuel Mosquera; e o adestrador e coordinador da actividade, Manolo García, presentaron a que xa é a terceira edición do Curso de Monitor de Fútbol Base de Ferrol.

A actividade dará comezo o 13 de abril e rematará o 10 de xuño, desenvolvéndose os luns e mércores de 20:00 a 23:00 horas, na sede da propia Delegación de Ferrol da FGF.

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o propio día de inicio de Curso. Para anotarse ou ampliar información os interesados poden dirixirse á Delegación de Fútbol de Ferrol ou directamente á Escola Galega de Entrenadores ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo   e  www.futgal.es).

Villamisar, Mesa e Mosquera resaltaron a necesidade de que contar, como mínimo, co diploma de Monitor de Fútbol Base para poder dirixir a equipos de fútbol base xa a partir da vindeira tempada e sinalaron tamén a gran demanda existente en Ferrol e comarca, de aí que este sexa o terceiro curso que se organiza na cidade departamental.

Documento coa convocatoria do curso onde aparece toda a información do mesmo e tamén a folla de inscrición.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.