Inicio Noticias Xerais CURSO FORMACIÓN
 
 

CURSO FORMACIÓN

DESFIBRILADOR EN PRADOS VELLOS

A ADR NUMANCIA en colaboración co concello de Ares organiza un curso de formación para o coñecemento e uso do desfibrilador.
 
 
 
Ares, 14 de marzo de 2015.
 
Froito da iniciativa dun grupo de mulleres afeccionadas fieis ao Numancia, axiña imos ter en Prados Vellos un desfibrilador para intervir como primeiro auxilio ante un caso de urxencia que poida ocorrer nas nosas instalacións. 
 
Coma primeiro paso, contactamos coa entidade formadora, Previnem, que está a impartir un curso de formación inicial, no local social do Numancia, para o uso do desfibrilador. Directivos da ADR Numancia e doutras asociacións deportivas aresás coma o Naútico e o Club de Remo, xunto con membros de Protección Civil de Ares, asisten ás dúas xornadas fixadas, nas que o instrutor Luís Gómez e o médico Juan Couce imparten os contidos do curso.
 
Mañá, domingo 15 de marzo, o concelleiro de deportes aresán, D. José Juan Vilar Rico, clausurará o curso.

A información completa desta actividade é a seguinte:

Curso: Formación inicial en Soporte Vital Básico e DESA
 
Datas: 8 e 15 de marzo de 2015.
 
Entidade formadora: PREVINEM, entidade homologada polo 061.
 
Profesorado: Persoal médico con formación en Soporte Vital Avanzado e persoal acreditado pola ERC e Plan Nacional RCP

Contidos:
1. Introdución
-Historia.
-Definición do problema da PCR na poboación.
-Concepto de cadea de supervivencia.
-Importancia desfibrilación precoz.
-Experiencias noutros países. Experiencia na nosa Comunidade. Lexislación autonómica.
-Papel do primeiro interveniente na cadea de supervivencia. Os seus actos salvan vidas e cerebros.
-Responsabilidade.
 
2. RCP básica
-Anatomía e electrofisioloxía básica do corazón. PCR de orixe cardíaca. FV, TV, asistolia.
-Signos e síntomas da PCR.
-RCP básica.
 
3. Coñecemento teórico do Desfibrilador Semiautomático/Automático Externo
-Comprensión. Que é? Para que serve?, protocolos para a súa utilización.
-Control. Rexistro de eventos e voz.
-Seguridade. Para o paciente e para o operador.
-Resolución problemas frecuentes: obesos e mamas grandes, delgados, FV recorrente, MP definitivo implantado, reanimador único.
 
4. Práctica A
-Coñecemento do Desfibrilador Semiautomático/Automático Externo (DESA).
-Práctica vía aérea: boca-boca, balón autoinflable, máscaras de peto. Osíxeno suplementario. Desobstrución vía aérea.
 
5. Práctica B
-SVB con 2 rescatadores.
 
6. Práctica C
-Adestramento con aplicación combinada SVB e DESA con equipos de 2 rescatadores. (Todos os alumnos deben ser líderes e acompañantes).
 
7. Mantemento do DESA e recollida de datos (Utstein)
 
8. Avaliación
 
9. Clausura do curso
 
 

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.