Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 13 AO 15 DE MARZO DE 2015
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 13 AO 15 DE MARZO DE 2015

CHEGA O TRAMO DECISIVO DA TEMPORADA


Nova xornada de competición para todos os equipos numantinos. As competicións de Liga entran na sua recta final, polo que os puntos en xogo comezan a ser moi importantes. Partido clave, por exemplo este fin de semana para os nosos xuvenís. Analizamos a xornada:


MODESTOS: Cando restan 6 xornadas para o final, visitan ao colista da Segunda Autonómica, a UD Cebarca. O equipo de A Barqueira buscará aferrarse a categoría e de seguro que dificultará moito as cousas ao Numancia no seu campo. Agardamos ver a un Numancia concentrado e que os tres puntos viaxen ata Ares. Cita cos modestos o domingo as 16:30 no Bernardino Breijo de Cerdido. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".

XUVENÍS: Encaran o tramo decisivo da competición de Liga na que están loitando por poder xogar a fase de ascenso e incluso polo mesmo título. Este fin de semana o 4º e o 3º clasificado xogan un partido importante. Narón Balompé e Numancia buscarán a vitoria para dar un golpe de autoridade na competición. Partido difícil o que agarda aos nosos xuvenís o sábado as 17:00 no campo de O Cadaval de Piñeiros. A unión fai a forza e xa sabedes que canto máis apoio teñan os rapaces máis fáciles serán as cousas. Todos cos xuvenis este sábado as 17:00 en Piñeiros. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡ ¡¡¡A por todas campións¡¡¡


CADETES: Reciben ao líder da competición, o Racing de Ferrol "B". Partido compricado para os cadetes que intentarán dar boa imaxe ante un dos "gallitos" da categoría. Será o sábado as 16:30 en Prados Vellos.


INFANTÍS: Na 18ª xornada de Liga visitan ao colista, a SD O Val. Os numantinos buscarán seguir na boa línea das últimas semanas para intentar traer os tres puntos dende terras valexas ata Ares. Será o sábado as 12:00 no campo de herba artificial de O Sinde en O Val.


FÚTBOL - 8: Preciosa tarde de venres a que nos agarda con tres partidos de fútbol - 8 en Prados Vellos. As 17:00 o prebenxamín "A" recibe a SD O Val. Acto seguido as 18:00 turno para os benxamíns que xogan ante o SDR Ánimas de Ferrol. Pechan a tarde os alevíns as 19:00 cun bonito partido ante o Galicia de Caranza "C". ¡¡¡Non faltedes a vosa cita cos rapaces¡¡¡


O prebenxamín "B" descansa merecidamente nesta xornada. Pola sua parte os biberóns disfrutarán dunha nova xornada da Liga AFACO biberón de fútbol - 8 no campo de O Poboado ante os compañeiros do CD As Pontes.


En resumo, xornada na que toca viaxar para animar a modestos, xuvenís, infantís e biberóns e na que toca abrir boca o venres co fútbol - 8 en Prados Vellos.


O Numancia somos tod@s


¡¡¡Impossible is nothing¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.