Inicio Noticias Xerais ITV. FIN DE SEMANA DO 5 AO 8 DE MARZO DE 2015
 
 

ITV. FIN DE SEMANA DO 5 AO 8 DE MARZO DE 2015

SEGUIMOS NA LOITA

Primeira xornada de competición para os equipos do Numancia no mes de marzo. Os resultados últimamente non son tan positivos como nas semanas anteriores, pero os equipos seguen aspirando a facer cousas bonitas nesta temporada. Analizamos a xornada do pasado fin de semana:

 



MODESTOS: Empate no derbi ante o Galicia de Mugardos "B" nun partido moi disputado e igualado cun gran ambiente en Prados Vellos. Siguen na zona media alta da Segunda Autonómica loitando por quedar entre os catro primeiros.
Numancia de Ares. Afeccionados.
XUVENÍS: Un equipo xuvenil mermado polas baixas realizou sen dúbida o peor partido da temporada o sábado ante o Eume en Prados Vellos. Segunda derrota consecutiva duns rapaces que están atravesando un pequeno bache. Por sorte, a gran primeira volta realizada polo equipo permite aos numantinos estar na 3ª posición en disposición de loitar con As Pontes, Portuarios e Narón no tramo final de Liga por xogar a fase de ascenso e polo título de Liga. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡

CADETES: Conseguiron un valioso empate ante un dos equipos da zona alta, o Ortigueira. Gran traballo dos 12 xogadores desprazados a San Claudio. ¡¡¡Noraboa¡¡¡

INFANTÍS: Tiveron opcións ata o final ante o 5º clasificado, o Amistade Meirás que conseguiu unha vitoria mínima en Prados Vellos ante os nosos rapaces. Por outra banda, o infantil Iván anotaba o gol do empate dos cadetes en Ortigueira. ¡¡¡A seguir traballando¡¡¡

FÚTBOL - 8: Os alevíns madrugaban para conseguir un empate en Cariño. Os benxamíns vencían a domicilio ante o Galicia de Caranza "D". O prebenxamín "A" caía ante o Galicia de Caranza en Ferrol. O prebenxamín "B" desfacíase do SD Val "B" en Prados Vellos. Os biberóns desfrutaban dun gran derbi ante os amigos do Galicia de Mugardos en Prados Vellos.

En resumo, unha xornada non demasiado positiva en canto a resultados, pero que pese a todo nos deixa aos modestos loitando por alcanzar a zona alta da Segunda Autonómica e aos xuvenís coas opcións intactas para seguir soñando. Esta xornada, o xogo limpo estivo presente tal e como reclamábamos na xornada anterior, disfrutando tod@s especialmente o domingo dun derbi intenso pero cun gran ambiente de cordialidade en Prados Vellos.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.